Category: Events

  • Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS

    Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube…

  • O poder das redes na “cósmica”

    En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, hai algo máis de ano e medio que se iniciou o uso dos blogs como ferramenta de comunicación, porque se confiaba neles. ESF é a primeira ONG galega que o fixo e unhas das primeiras de España. Ós poucos, a dirección xeral de cooperación da Xunta iniciou un proceso similar…

  • TDT VS IPTV: a batalla pola interactividade e a colaboración

    A pasada semana estiven nun curso de verán organizado polo grupo de Novos Medios, da Facultade de Xornalismo da USC. Os contidos foron realmente moi interesantes e os ponentes de calidade: a maioría tiña algo que dicir e sabía cómo facelo; aspectos a destacar nun mundo cheo de cursos para cubrir currículos. Moitas ideas que…

  • Taller: a mañán do sábado

    Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra. # 10:20h – 12:00h. Comezamos a sesión matinal repasando o feito o día anterior: cómo crear bitácoras e manter as estatísticas, as alertas de Google News para facer seguemento da entidade, de eventos ou palabras clave. Finalmente recórdase…

  • Taller: venres, sesión tarde

    Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC. Xosé Ramil, periodista nos inicios do proxecto Vieiros, logo participa en Inicia (primeira iniciativa de PRISA en internet). Posteriormente, coordinador do proxecto Canal Solidario. Actualmente actúa como coordinador do proxecto Ekoos.org tamén da Fundación Chandra.

  • Taller: venres, sesión matinal

    Transcripción do seminario de novas tecnoloxías. Venres 20 de Abril. Sesión matinal. Facultade de dereito da USC. Ponencia a cargo de Xabier Meilán. Ex-redactor do Ciberpaís, profesor da Escola de Xornalismo UAM/El País e do Máster de Comunicación Política do Instituto Uniersitario de Investigación Ortega e Gasset. Consultor electoral internacional, analista político e de medios.

  • Taller NNTT, comunicación e ciberpoderes

    Estes días andamos atando os últimos cabos para a realización do taller de novas tecnoloxías e comunicación, organizado pola Coordinadora galega de ONGD e impartido pola Fundación Chandra (ponentes: Xosé Ramil e Xavier Meilán). Co seminario pretendemos que a xente das ONGD galegas empecen a manexar con fluidez as ferramentas que internet pón á súa…

  • Coñecemento aberto e desenvolvemento: sensacións das xornadas

    A pasada fin de semana, Fran e máis eu realizamos a I rolda de conferencias: coñecemento aberto e desenvolvemento (ver presentación en SlideShare). Chuza! e Código cero fixéronse eco da iniciativa, a pesar de que non era a nosa intención nesta primeira etapa convocar “ós medios”. O certo é que logo de apenas 2 días…

  • Relatorios mundialización na UVigo

    Co último post de crítica á charla de Xavier Vence, remato a cobertura dos relatorios: Mundialización da economía, sociedade e universidade realizados en Novembro na UVigo. O do martes pasado suspendeuse ata novo aviso e ó de hoxe non puiden asistir. Así, a cobertura queda nun 50% do prometido. Déixovos como guía o índice das…

  • Crítica ó relatorio de Vence

    Logo dunha semana, expoño aquí a crítica á charla de Xavier Vence: A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial. Xa se pode ler a crónica do DUVI e ve-lo vídeo da charla. Pouco teño que dicir a Vence, xa que comezou cunha clara declaración de intencións: falará das ameazas…

  • Xabier Vence e os retos da política industrial galega

    Seguimos coas crónicas dos relatorios de Mundialización da economía, da sociedade e da universidade, que empezámo-la semana pasada. Ó igual que para a de Carlos Taibo, farei resumo e crítica. Xavier Vence comeza contextualizando do que vai falar. Deixa claro que coa globalización preséntanse oportunidades e ameazas para as economías. El falará das ameazas para…

  • Crítica a Taibo. Por un movemento proglobalizador.

    En primeiro termo dicir que a charla de Taibo estivo ben organizada e nas preguntas foi moi cordial: as formas ás veces son o fondo e Taibo presentouse como un señor. Explicou paso por paso as súas ideas e con numerosos e gratificantes exemplos (os “cotilleos” do movemento). Con ánimo de facerse entender. Pero carecía…

  • Resumo do relatorio de Carlos Taibo

    A serie Mundialización da economía, sociedade e universidade comezou con Carlos Taibo. Francamente fiquei decepcionado polo seu relatorio, mais empezarei polo principio: expoñendo as súas teses. Logo, farei a miña crítica. Xa se pode ve-lo vídeo da charla a través da plataforma UVigo TV. Tamén le-las crónicas do DUVI: presentación das xornadas e crónica da…

  • Mundialización da economía, da sociedade e da universidade

    Durante novembro, a Universidade de Vigo, programou unha serie de relatorios moi interesantes ó meu parecer. Titúlanse… Mundialización da economía, da sociedade e da universidade. O programa é o seguinte: Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video, crónica do DUVI) A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política…

  • Vídeos das xornadas de enerxía

    A universidade de Vigo posúe unha plataforma innovadora: Uvigo TV, un servizo de televisión por internet -como eles mesmos declaran- o que alomenos serve como unha mediateca de casi tódalas conferencias, relatorios, etc feitos na universidade. Tivémo-la oportunidade de que grabasen as III xornadas de enerxía e desenvolvemento que realizamos días atrás (ver crónicas do…

  • III xornadas: crónica do 2o día

    Como xa dixen, o 2o día era o día práctico, dos proxectos. E tamén o de Jean Teum Visscher, a estrela das xornadas sen dúbida. A súa ponencia fora retrasada un día por mor dos retrasos nos avións. E quizáis foi mellor así, empezar ás 9 da mañán con el, xa que nos fixo desmorriñarnos…

  • III xornadas: crónica do 1o día

    O primeiro día das III xornadas de enerxía e desenvolvemento foi intenso e sucederon os primeiros imprevistos. Jan Visscher non chegaría a tempo para a súa charla: estaba retido en París polas novas normas da aviación que impiden levar líquidos a bordo. ¿Qué facer? Plan B. Alternativa. Enric Velo pasa a presentar a súa charla…

  • Enerxía e Desenvolvemento

    Mañán comezan celébranse en Vigo as III xornadas nacionais de enerxía e desenvolvemento. As dúas primeiras (I xornadas – II xornadas) tiveron lugar en Cataluña e foron organizadas pola asociación catalana Enginyeria Sense Fronteres. Desta, a asociación galega Enxeñería Sen Fronteiras tomou a iniciativa. Para nós, a pesar de que xa temos experiencia na organización…

  • Crónica do concerto de Marlango

    Hai tempo alguén me dixo… gran concierto, se nota en las notas que dejamos despues de uno… Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe…

  • A cultura circula en Boiro

    A cultura circula. Non reside en cidade algunha. Pertence a un país: Imaxinario, soterrado. Esta semana asistín en Boiro ó espectáculo Tentacular da Cultura Circula. A montaxe residía nunha mezcolanza de circo: malabares, acróbatas, mimo; audiovisual: microfundismos de Control Z; monólogos: Quico Cadaval, Carlos Meixide -non sei si chamarlle monólogo á súa “actuación”-; e risas…

  • ¿Qué é para ti o galego?

    Co gallo do día das letras galegas -que tamén é o día de internet- no xornal Vieiros, lanzouse un reto á rede. Defini-lo galego a través de fotografías: o galego no espello. As propostas deben evita-los tópicos. Hai que facer un esforzo e encherse de imaxinación, pois: “Non queremos rosalías. Non queremos castelaos. A dificultade…