III xornadas: crónica do 1o día

O primeiro día das III xornadas de enerxía e desenvolvemento foi intenso e sucederon os primeiros imprevistos. Jan Visscher non chegaría a tempo para a súa charla: estaba retido en París polas novas normas da aviación que impiden levar líquidos a bordo.
¿Qué facer? Plan B. Alternativa. Enric Velo pasa a presentar a súa charla hoxe. Agora quedamos convencidos. Confirmado: estamos na aldea global, o que pase nun aeroporto francés afecta a unhas xornadas en Vigo.
Ben. Xa na crónica. Logo da densidade do día, non me vexo capaz de facer resumos de tódalas ponencias, polo tanto expoñerei aquí a miña impresión global de hoxe e en días posteriores irán xurdindo reflexións sobre o que se dixo en cada unha delas.
En xeral -e coa excepción de ponencias concretas que se non se adecuaron ó esperado- pareceume moi didáctico o enfoque top-down que adoptou o grupo organizador para o programa.
Top. A “situación mundial”: cómo xurden os obxectivos do milenio e en qué consisten. O obxectivo #8 como o que realmente incide nos mecanismos de gobernabilidade mundial: comercio, débeda, axuda oficial e transferencia de tecnoloxía.
Coas charlas de Alejandra Boni e Teodoro Sánchez empezamos a axusta-lo foco e centrámonos nun só dos puntos: a tecnoloxía. Cómo se deben implementar a tranferencia tecnolóxica para que ésta teña sentido.
Down. Pola tarde, e logo dun apurado café, entramos de cheo en materia: dende o escenario enerxético mundial ata a relación entre enerxía e desenvolvemento.
Mañán tocan os casos prácticos. E comezamos forte, pois estrenámonos co programa EHAS de telemedicina. Un proxecto de sanidade nunhas xornadas de enerxía? Pois sí. Tal e como hoxe quedou claro, o acceso á enerxía (as infraestruturas enerxéticas) son un aspecto tranversal para o desenvolvemento. Que permite dotar de servizos que aumentan a calidade de vida.


Comments

5 responses to “III xornadas: crónica do 1o día”

  1. […] Como xa dixen, o 2o día era o día práctico, dos proxectos. E tamén o de Jean Teum Visscher, a estrela das xornadas sen dúbida. A súa ponencia fora retrasada un día por mor dos retrasos nos avións. E quizáis foi mellor así, empezar ás 9 da mañán con el, xa que nos fixo desmorriñarnos do sofá, levantándonos e captando a nosa atención en todo momento. […]

  2. Escribí mi crónica del primer día aquí: http://indarki.blogia.com/2006/110702-mi-paso-por-las-iii-jornadas-de-energia-de-vigo.php
    Todavía me tengo que leer tu crónica del segundo día… y me interesa, porque no asistí.
    ¿Conoces a alguien más que esté escribiendo su crónica particular de las jornadas?
    Un saludo.

  3. Sí indarki, he visto tu crónica. No entiendo por qué no ha aparecido el trackback a mi anotación que has hecho desde tu post. La organización que me da servicio al blog (blogaliza.org) están ahora de actualizaciones… quizás sea por eso. Preguntaré.
    Oye, por cierto, si estabas con el resto de “los vascos” supongo que te he visto, pues el lunes nos fuimos con los ponentes todos a comer todos al mismo sitio, recuerdas?
    En breve colgaremos el material de las ponencias (lo estoy pasando a PDF) y podrás ver además los videos en http://www.uvigo.tv dentro de unos días.

  4. Creo que Blogia no tiene trackbacks.
    Sí que estuve bastante con “los vascos”. Nos sentamos en la mesa separada durante la comida porque no estábamos en la reserva que se hizo con el restaurante. Seguro que nos vimos… otra vez será.

  5. […] Tivémo-la oportunidade de que grabasen as III xornadas de enerxía e desenvolvemento que realizamos días atrás (ver crónicas do día 1: propia e de indarki e a do día 2: propia). No tinteiro aínda teño pendentes algúns posts sobre os temas tratados: situación enerxética mundial, eficiencia enerxética ou relación entre enerxía e desenvolvemento. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

%d