Mañán comezan celébranse en Vigo as III xornadas nacionais de enerxía e desenvolvemento. As dúas primeiras (I xornadas – II xornadas) tiveron lugar en Cataluña e foron organizadas pola asociación catalana Enginyeria Sense Fronteres. Desta, a asociación galega Enxeñería Sen Fronteiras tomou a iniciativa.
Para nós, a pesar de que xa temos experiencia na organización deste tipo de eventos, é un reto enorme. Eu non formo parte do comité organizador directamente, mais xa estou orgulloso de todo o traballo realizado! Agora toca visibilizalo estes dous días.
Eu asistirei como alumno, sen renunciar a botar unha man na loxística, claro! Pero ademáis, e xa que vou tendo certo coñecemento residual do sector da enerxía, marqueime como tarefa a de informar dende este blog da miña perspectiva persoal. Do que nos van contando. Nada corporativo. Só a visión dun alumno que asiste as conferencias. Espero vos sexa útil.
Leave a Reply