A través de Chuza, acabo de descubri-la páxina orzamentaria da Xunta de Galicia.
Máis alá da pura discusión dos orzamentos 2007 quixera salientar a propia iniciativa de mostralos de forma pública e entendibles. Con afán de desexar que se entendan, non polo mero feito de mostralos e punto. Este cambio de actitude é o que se precisaba na vida política galega. Significa para min moito este nimio feito. É un gran avance. Ó ser públicos e non crípticos poderanse tanto auditar como critica-las partidas. Aínda que non o fagamos, existe a posibilidade.
Hoxe estou contento.
Leave a Reply