¿Qué é para ti o galego?

Co gallo do día das letras galegas -que tamén é o día de internet- no xornal Vieiros, lanzouse un reto á rede. Defini-lo galego a través de fotografías: o galego no espello.
As propostas deben evita-los tópicos. Hai que facer un esforzo e encherse de imaxinación, pois:

“Non queremos rosalías. Non queremos castelaos. A dificultade da proposta é que deberedes evitar unha serie de tópicos tabú. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin, libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos”

Xa sabedes pois. A pensar un chisco na metáfora adecuada para a nosa lingua materna. Logo, sacade o voso ollo tecnolóxico e fotografádea. Imprimídea en pequenos anacos de silicio. O mesmo esforzo pagará a pena.
NOTA1: a iniciativa encádrase noutra de promovida pola consellería de innovación e industria da Xunta: + internet, +galego, + futuro
NOTA2: a foto é unha das presentadas a concurso, autor: o ghaio


Comments

One response to “¿Qué é para ti o galego?”

  1. Pois eu non fun capaz de subir unha foto a Vieiros.
    Cambiando de tema; a frase ‘nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima’ e ben xeitosa.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *