A constitución española e o software libre

1 minute

Hoxe, no xornal estatal El País, sae un artigo de Esteban González Pons relativo ó software libre e á constitución española. Conclué que a constitución é pro-software libre. Os eixos de razoamento son os habituais:
1. A obligada neutralidade do estado en relación cos seus cidadáns: a relación estado-cidadán non pode estar marcada pola dependencia de uso dun PRODUTO ESPECÍFICO de software.
2. A privacidade e seguridade dos nosos datos: derivadas de non ter acceso ó código fonte, non se pode asegurar que non existan erros inconscientes ou erros conscientes que permitan acceder a outras persoas ós nosos datos privados: declaración da renda, datos seguridade social, etc
3. A eficiencia no uso dos recursos. A mellor maneira de obter software seguro e fiable é desenvolvelo según unha filosofía aberta.
4. A independencia do estado con respecto ás empresas que lle dan servizo: cos sistemas cerrados, os estados están a merced da compañía proveedora. Non se pode asegurar que non existan puntos de acceso ó programa dende fóra do sistema (obsérvese a crise do petróleo en Bolivia no golpe de estado contra Chávez).
O artigo non di nada novo en sí mesmo. Simplemente é reseñable polo contexto:
> A plataforma: o maior periódico de tirada nacional.
> O defensor: Esteban González Pons, Conselleiro da Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado.
Ó fin e ó cabo comunicar é seducir, conquistar. E aínda hoxe consiste máis en facelo non con argumentos, senón coa gramática cultural. Así, o noso traballo debe ser facer presión -lobby- : obligar ós nosos representantes a que defendan o que nós cremos. Traballemos nese sentido.


Comments

2 responses to “A constitución española e o software libre”

  1. […] Non é este un caso novo. Hai xa varios artistas que licencian as súas obras con diversas licencias distintas ó copyright. Así pois, comento a nova polo que ten de gramática cultural. O anuncio en sí mesmo non é algo innovador. Pero o mero feito de que un periódico como El País -non precisamente coñecido por ser “alternativo” ou “contracultural”- teña este tipo de iniciativas da medida da dimensión -e futuro- do movemento copyleft. ¿Será que xa encontraron o seu modelo de negocio asociado ós produtos libres? […]

  2. […] Non é este un caso novo. Hai xa varios artistas que licencian as súas obras con diversas licencias distintas ó copyright. Así pois, comento a nova polo que ten de gramática cultural. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *