Durante novembro, a Universidade de Vigo, programou unha serie de relatorios moi interesantes ó meu parecer. Titúlanse… Mundialización da economía, da sociedade e da universidade. O programa é o seguinte:
- Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video, crónica do DUVI)
- A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial, Xavier Vence. Xoves 16. (resumo, crítica, vídeo, crónica do DUVI)
- A emigración galega: un antecedente da actual mundialización, por Xosé Neira Vilas. Martes 21.
- Industria e mundialización, por Javier Riera. Xoves 23.
Dende aquí tratarei de facer seguemento ós relatorios na medida do posible. Do primeiro, en breve recibiredes noticias.
5 responses to “Mundialización da economía, da sociedade e da universidade”
[…] A serie Mundialización da economía, sociedade e universidade comezou con Carlos Taibo. Francamente fiquei decepcionado polo seu relatorio, mais empezarei polo principio: expoñendo as súas teses. Logo, farei a miña crítica. […]
[…] Seguimos coas crónicas dos relatorios de Mundialización da economía, da sociedade e da universidade, que empezámo-la semana pasada. Ó igual que para a de Carlos Taibo, farei resumo e crítica. […]
[…] Co último post de crítica á charla de Xavier Vence, remato a cobertura dos relatorios: Mundialización da economía, sociedade e universidade realizados en Novembro na UVigo. […]
[…] Mundialización da economía, da sociedade e da universidade. Unha serie de relatorios feitos na Universidade de Vigo. […]
[…] Na actualidade, a capacidade dunha rexión para acada-lo desenvolvemento pasa por este tipo de industrias, por ser capaz de aglutina-lo coñecemento, recursos e institucións necesarias que permitan integrarse na economía global. […]