Redes e guerras en rede

1 minute

Ultimamente estou seguindo a colección de libros publicada por Alianza Editorial: La Sociedad Red. A calidade dos libros seleccionados é excepcional, digna do director da colección.

E agora acabo de rematar “Redes y guerras en red: el futuro del terrorismo, el crimen organizado y el activismo político”, de Arquilla e Ronfeldt, analistas da RAND.

(INTERRUPTUS: A RAND é un think-tank norteamericano ligado ó Departamento de defensa dos EUA e “especializado” en redes. Baste dicir que Paul Baran dirixiu nesa institución as investigacións que desembocaron no que hoxe é internet).

Podedes obter o libro ó completo (en inglés) no sitio da RAND.

O libro divídese en 3 partes fundamentais, con escritos de distintos expertos en cada caso.

Na primeira parte fálase das guerras violentas en rede. De especial interese é o capítulo segundo, dedicado ás redes terroristas na era da información. Recomendo a súa lectura xunto co libro de David de Ugarte 11-M: Redes para ganar una guerra, pois neste último tócase o mesmo tema pero aplicado ó caso español.

A segunda non ten desperdicio ningún, tódolos capítulos son interesantísimos! Dedicada ás loitas sociais en rede explica os casos do movemento en internet para promover a democracia en Birmania, o caso Zapatista e finalmente un estudio sobre a batalla de Seattle: OMC VS movementos antiglobalización.

Para rematar, unha última de caixón de xastre (guerras en rede pasadas e futuras), aínda que tamén moi recomendable. A destacar o último capítulo, unha prospectiva dos propios editores Arquilla e Ronfeldt.

Sen dúbida unha lectura imprescindible para todo aquel que vexa necesario a emerxencia da cidadanía global, do activismo pro-globalista. Porque coñece-lo entorno, sen dogmatismos, sen pecha-los ollos á razón, é o primeiro paso para modificar un mundo desigual.


Comments

2 responses to “Redes e guerras en rede”

  1. Eu fiquei encantado co de Rosalind Williams (sen desmerecer o resto)… “Cultura y cambio tecnológico en el MIT” … porque lino nun momento en que estaba buscando esa resposta: qué facer coas innovacións? Cómo nos afectan? É a tecnoloxía a clave? Este libro foi para min como o pegamento para moitas ideas que tiña inconexas. E tampouco é un gran libro, pero sí o que eu necesitaba. Ó final, teñen razón… moitas veces os libros elíxeno a un.
    E agora teño sobre a mesa Crypto, de Steven Levy, da mesma colección. Estou ávido por comezar! (logo de ter listo o do teu blog, claro) 😛

  2. […] última lectura de Arquilla e Ronfeldt atopei unha síntese perfecta e fácilmente comprensible do que esto é. Pódese dicir que as […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *