Un domingo no río Tambre

Apenas chegado á casa póñome a subi-las fotos do Proxecto Ríos.

Guiados por Xosé “Rivers” Dixirei como maesse de ceremonias pasámo-lo domingo inspeccionando un tramo do río Tambre que temos asignado.

O traballo consiste en elaborar unha relación da fauna e estado do río a partir dunhas táboas e fichas dadas. E acudimos á cita todo un equipo multidisciplinar: enxeñeiros químicos, industriais, forestais e de montes, unha doutoranda en física, un tecnólogo (e falo de TIC, claro), un veterinario, un periodista e unha pedagoga. Sobre todo para pasa-lo tempo xuntos, pois a tarefa era moi sinxela.

Con esta experiencia interioricei cómo empoderar significa dotar de liberdade. Cómo a participación cidadá debe ir ligada á escalabilidade da proposta. Cómo a formación de redes precisa dos espacios informais. Ou o por que da necesidade de cultivar redes e non deseñalas.

Resumindo, foi un domingo precioso! (sobre todo porque me quedei coa empanada :D)


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *