Aproveito a mini-ponte para amplia-la serie iniciada sobre tecnoloxía, patentes e desenvolvemento. E fágoo cun post sobre traballo e desenvolvemento. Pretendo así aportar o meu grao de area á actualización do imaxinario… da Revolta de Haymarket e dos Mártires de Chicago … á loita por que a división internacional do traballo non se convirta nun novo modo de imperialismo.
Na sociedade da información existen 3 sectores principais, os dinamizadores da economía, os que marcan si un país ou rexión é produtor ou mero consumidor. E os 3 traballan con código:
- as biotecnolóxicas e farmacéuticas (xenético, biolóxico)
- a industria do software e telecomunicacións (código binario)
- a industria cultural e multimedia (imaxes, linguaxe)
Na actualidade, a capacidade dunha rexión para acada-lo desenvolvemento pasa por este tipo de industrias, por ser capaz de aglutina-lo coñecemento, recursos e institucións necesarias que permitan integrarse na economía global. Si consideramos a aldea global como unha sociedade redistributiva, non recíproca, integrarse nos fluxos internacionais de comercio supón competir, especializarse e adaptarse. Pero este proceso non é neutro, e da súa configuración dependerá o futuro de millóns de persoas.
Observando os 2 mapas seguintes temos unha idea bastante clara de cómo é hoxe esta configuración. O primeiro mapa indica onde están localizados os nodos mundiais de innovación tecnolóxica:
O segundo onde se acumulan os pagos por royalties (moi ilustrativos tamén os mapas de importacións e exportacións):
De xeito moi visual obsérvase que existen 3 centros principais: Estados Unidos, Europa e Xapón. Esta situación trae consecuencias, pois a soberanía tecnolóxica é un factor fundamental para o desenvolvemento.
Nunha economía globalizada, con 3 industrias altamente competitivas e que traballan con código, con ideas, establecer unha lexislación internacional restrictiva sobre as mesmas (patentes, copyrights, dereitos de autor) non fai máis que poñer barreiras de entrada artificais ó resto de países, empresas e persoas.
Non fai máis que perpetuar e profundizar na configuración dun mundo desigual.
Leave a Reply