Entrevista a Javi Vázquez

[ Actualización 23-05, 22:50h: título correxido 😉 ]

Logo da axuda da xente de AGNIX e, sobre todo, de Pedro, o master da Blogaliza, xa teño a entrevista a Javi Vázquez on-line. Javi é socio-fundador e actual desenvolvedor de negocio de IGALIA, empresa galega de software libre.

A razón da entrevista é doble:

  • mostrar cómo dende Galicia se pode competir a nivel mundial nun campo tan complexo como o do software libre
  • denuncia-las accións que van en contra da nosa industria local e do benestar que pretendemos conseguir a través da sociedade do coñecemento

A entrevista divídese en 4 bloques. Os seguintes:

» IGALIA, a empresa. [00:00-14:40]

Os 3 eixos que configuran a súa actividade: empresa de software libre, xestión cooperativa e forte tendencia á internacionalización (ver por exemplo iniciativa GMAE: IGALIA como membro fundador).

» IGALIA e a comunidade. [14:40-23:30]

De cómo afronta IGALIA o problema dos free riders (a traxedia dos comúns), ou qué lle devolve a empresa á comunidade. IGALIA como mumi, ou axente dinamizador na produción de software libre. Ver por exemplo Premio ó mellor PFC con soft libre e colaboración con GPUL.

» O PEGSI e o mercado TIC galego. [23:30-31:40]

Unha retrospectiva dende a experiencia de Javi do mercado galego das TIC e qué supón o PEGSI neste marco.

» Os últimos pasos atrás. [31:40-50:17]

Tamén falamos dos perigos e pasos atrás que se realizaron nestos meses e cómo iso pode influir no desenvolvemento de Galicia e no noso benestar.

Espero a disfrutedes! 😀

[making off] Desculpade os meus excesivos tics e a rapidez coa que falo… cousas de conversar cunha persoa de alto standing! 😉 Por certo, a metade da entrevista (minuto 30:50 + ou – ) tivemos que realizar un apaño, pois mentres a grabábamos sufrimos un pequeno percance co Skype. A próxima sairá mellor. [/making off]


Comments

3 responses to “Entrevista a Javi Vázquez”

  1. Moi boa a entrevista Andrés! hai que darlle difusión pq é realmente interesante.
    xa estou desexando volver á terriña a traballar, e atráeme moito a idea de montar unha empresa, pero antes teño moito que aprender aquí en Motorola. Por certo, na división onde estou as cousas serias (as que se venden) fanse con e para linux :-), das ferramentas que uso só hai unha que non é de código aberto, de feito hai un grupo OpenSource na propia compañía. Realmente a estas alturas discutir a viabilidade (e en moitas ocasións a superioridade respecto do privativo) do software libre dende o punto de vista técnico e económico e algo, como dirías ti, arcaico.
    Por outra banda, a ver se me dá tempo para inscribir o meu PFC no concurso de Igalia 🙂
    Apertas!!

  2. Andrés: grazas pola entrevista! pero se eu de alto standing, como serán os de baixo… 🙂 Ánimo e a seguir así!
    Antón: como que a ver se che da tempo a inscribilo? Home, tes que facelo! Inscribilo son so 5-10 minutos… 😉 Por certo, en lugar de montar unha empresa… non che gustaría axudar empuxar unha xa iniciada? 😉 Seguemos a crecer e a sumar xente ao proxecto
    unha aperta!

  3. Canta razón Antón… mais sabes o que me intriga? Que da triada (aspectos técnicos, económicos e sociais)… os aspectos sociais do soft libre se deixen de lado case sempre cando se discute en círculos políticos. Sobre todo porque son decisivos para que os usuarios se apropien da solución tecnolóxica elexida. Xa sabes, empoderar, educar, dotar de liberdade.
    Algo que me gustou moito da entrevista foron as palabras últimas de Javi…

    “O que estamos a defender é unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal. Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el. E o soft libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, se alinea con esa estratexia para alcanzalo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo. Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento”.

    Sen dúbida unha conversa plagada de ideas clave… que tratarei de resumir en post posteriores.
    Javi, gracias de novo a vós pola cercanía… e por deixarme mostra-lo voso caso no blog. A conversa foi realmente gratificante!

Leave a Reply to Andrés Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *