Posts en borrador e blog en stand-by

[Actualización 21:49, 31/05/07 Gracias a Marta teremos corresponsal na cumbre da “nova reialesa mundial”!]

Entre libros ando estes días perdido. Deixarei de lado o blog un tempo para ocuparme dos exames (dos que son examinado e dos que son examinador). Mais un non pode reprimirse na toma e creación de info.

E a pesar do pouco tempo do que podo dispoñer a diario para “outras cousas” … xa teño varios post en borrador … falar da relación entre mercados e desenvolvemento (e do papel da Axuda Oficial ó Desenvolvemento); do federalismo das cidades (ou dun marco de goberno bottom-up global); amplia-la serie de tecnoloxía, patentes e desenvolvemento; a relación entre transxénicos e software (aínda que outros xa o fixeron); seguir coa serie de conversas/entrevistas; … ideas non faltan, o que falta é tempo.

Mais gran parte do que dispoña para “outras cousas” non o dedicarei a escribir, senón a ler: dentro de 6 días comeza a cumbre do G8 en Heiligendamm, e en Rostock do “G8Xtra”. En Alemaña.

O certo é que non gardo grandes ningunha esperanza. Repetiranse as posturas estéticas de ambos bandos. Incluso se realizarán algúns actos violentos. Mais iso non é o que me preocupa da escenografía (enténdase), senón a falta de ideas e a vontade de okupar o espacio común entre ambos.

Seguindo este novo acto estarei, sabendo que ese espacio é o meu, espacio que alguén debe tratar de conquistar. En Vigo, conectado. E, posiblemente, vendo de novo “Caballero sin espada“.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

%d