Cambios no blog e problemas cos comentarios

Estes días estou tendo algún problema de principiante coa ferramenta de moderación de comentarios… e algúns foron borrados accidentalmente. Desculpade se vedes que algún que sí aparecía agora non aparece e se ledes conversas incoherentes nos comentarios pola indebida eliminación dalgúns. Tratarei de recuperalos falando co suporter da comunidade, a ver qué se pode facer.
Continuamente estou cambiando e tratando de mellora-la usabilidade do blog e dos contidos. Fago agora recopilación para os que me ledes por RSS e non visitáde-lo blog:
» Engadín o feevy á barra lateral. Aínda que con certos problemas de carga ás veces, gústame a ferramenta polo que supón de visibiliza-la dinámica da rede. Tiña por ahí un post pendiente para falar sobre el… pero dame que xa está desfasado agora.
» Tradución dos post en catalán e español gracias á ferramenta OpenTrad (ver enlaces debaixo do título de cada post).
» Visibilicei o correo de contacto, suscripción RSS e varios (ver imaxes na parte superior dereita).
» Inclúo enlaces a 3 series temáticas de post ás que lle presto especial interese: Globalización e activismo, Tecnoloxía e desenvolvemento and last but not the least Sobre o informacionalismo. Nelas irei incluindo os post que me parecen relevantes para entender o meu pensamento nestos 3 eixos de pensamento. Sobre todo van enfocadas a dar unha visión global ós novos visitantes do blog.


Comments

One response to “Cambios no blog e problemas cos comentarios”

  1. O traductor a español vai bastante ben. O problema é cando pos citas que xa están en español que se volve loco.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *