[ Actualización 23-05, 22:50h: título correxido 😉 ]
Logo da axuda da xente de AGNIX e, sobre todo, de Pedro, o master da Blogaliza, xa teño a entrevista a Javi Vázquez on-line. Javi é socio-fundador e actual desenvolvedor de negocio de IGALIA, empresa galega de software libre.
A razón da entrevista é doble:
- mostrar cómo dende Galicia se pode competir a nivel mundial nun campo tan complexo como o do software libre
- denuncia-las accións que van en contra da nosa industria local e do benestar que pretendemos conseguir a través da sociedade do coñecemento
A entrevista divídese en 4 bloques. Os seguintes:
» IGALIA, a empresa. [00:00-14:40]
Os 3 eixos que configuran a súa actividade: empresa de software libre, xestión cooperativa e forte tendencia á internacionalización (ver por exemplo iniciativa GMAE: IGALIA como membro fundador).
» IGALIA e a comunidade. [14:40-23:30]
De cómo afronta IGALIA o problema dos free riders (a traxedia dos comúns), ou qué lle devolve a empresa á comunidade. IGALIA como mumi, ou axente dinamizador na produción de software libre. Ver por exemplo Premio ó mellor PFC con soft libre e colaboración con GPUL.
» O PEGSI e o mercado TIC galego. [23:30-31:40]
Unha retrospectiva dende a experiencia de Javi do mercado galego das TIC e qué supón o PEGSI neste marco.
» Os últimos pasos atrás. [31:40-50:17]
Tamén falamos dos perigos e pasos atrás que se realizaron nestos meses e cómo iso pode influir no desenvolvemento de Galicia e no noso benestar.
- O caso SERGAS: 653.140€ en licencias
- O caso CIXTEC: 1.452.500€ en licencias
- Educación e software libre: mentres as asociacións de Linux galegas se reúnen coa consellería de educación para falar de software libre e plans de migración, Touriño negocia un acordo con Microsoft.
Espero a disfrutedes! 😀
[making off] Desculpade os meus excesivos tics e a rapidez coa que falo… cousas de conversar cunha persoa de alto standing! 😉 Por certo, a metade da entrevista (minuto 30:50 + ou – ) tivemos que realizar un apaño, pois mentres a grabábamos sufrimos un pequeno percance co Skype. A próxima sairá mellor. [/making off]
Leave a Reply