Marlango en Vigo

Este mércores día 13 de Setembro, Marlango actúa en Vigo, no Centro Social Caixanova. Nós xa temos as entradas e estamos a prepararnos para asistir ó concerto actualizados. No You Tube hai moito material e interesantes entrevistas coa súa cantante: Leonor Watling. Hai menos material de Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.


Comments

2 responses to “Marlango en Vigo”

  1. Hai tempo que estou namorado da Leonor…

  2. […] Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe só unha anécdota… referida ó momento en que Alejandro Pelayo introduciu unha canción coa melodía de “Érase una vez…“. Nese momento, todo o mundo menor de 30 anos e maior de 23 empezou a canta-la canción para sí. A tarareala e recordar os debuxos cos que crecemos. As rapazas que estaban diante nosa tamén. Só que elas… sabían a letra completa! Foi incrible. Deixei de prestar atención a Marlango e soamente oía ás tres cantando… […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Crónica do concerto de Marlango Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *