Este mércores día 13 de Setembro, Marlango actúa en Vigo, no Centro Social Caixanova. Nós xa temos as entradas e estamos a prepararnos para asistir ó concerto actualizados. No You Tube hai moito material e interesantes entrevistas coa súa cantante: Leonor Watling. Hai menos material de Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.


2 responses to “”

  1. […] Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe só unha anécdota… referida ó momento en que Alejandro Pelayo introduciu unha canción coa melodía de “Érase una vez…“. Nese momento, todo o mundo menor de 30 anos e maior de 23 empezou a canta-la canción para sí. A tarareala e recordar os debuxos cos que crecemos. As rapazas que estaban diante nosa tamén. Só que elas… sabían a letra completa! Foi incrible. Deixei de prestar atención a Marlango e soamente oía ás tres cantando… […]

Leave a Reply

Your email address will not be published.

%d bloggers like this: