Nos anos da prohibición, da lei seca, nos EUA non estaba permitido consumir nin, por suposto, vender alcohol. Os negocios negros e os night-club clandestinos floreceron por doquier: non tanto polo instinto da xente de ir contra as normas (idea común), senón porque eran os únicos lugares onde se podía beber: as licorerías estaban cerradas.
Unha vez F. Delano Rooselvelt levantou a prohibición (por imposible de cumplir, pola mafia xeralizada que acentuaba, etc) os night-club e bares onde beber legalizaronse e empezáronse a abrir de novo as licorerías. A partir deste momento é posible consumir e comprar alcohol, e a oferta de lugares onde obtelo é maior que a demanda do mesmo.
Pódese agora comprar alcohol nas tendas de xeito máis barato, e non tódolos night-club conseguen sobrevivir coa simple presencia. É necesario adaptarse ós novos tempos e redefini-lo negocio. Innovar. Xa non basta con existir, senón que se precisa ofrecer un servicio, un incentivo para que a xente acuda ó night-club.
Así ocorre que, en breve e gracias ó levantamento da prohibición, as orquestas, a música en directo, o teatro e as variedades estiveron máis demandadas ca nunca polos empresarios dos night-club. E o jazz comeza unha expansión imparable por toda Norteamérica.
O caso exposto é puro darwinismo empresarial. Deberiamos aprender algo desta lección da Historia.
Leave a Reply