Málaga, regreso ó futuro

Nuns días emprenderei unha longa viaxe: Vigo – Compostela – Madrid – Málaga. E volver. Espero todo saia como espero, polo momento… prometer, promete.
Mais tranquilos que non pasarei pola T4! Con moita pena quédome na T2. Parece ser que Spanair non meteu suficiente pasta para que a trasladaran, ou non quixo facelo. Sexa o que sexa non sairei na tele como un pasaxeiro máis dos que estes días entrevistan pola inauguración. Pensándoo mellor. Viva a T2!!
Os que aínda vos preguntades a qué vou… ben, só busco respostas a certas preguntas que me rondan. Con esta viaxe retomo temas que deixei hai uns meses aparcados, logo de comezar a ler o libro de Himanen: La ética Hacker y el espíritu del informacionalismo.
Xa vos contarei.


Comments

3 responses to “Málaga, regreso ó futuro”

  1. Acórdate de deixar caer por Málagha o do
    SingStar para móbil, que ca quiniela non, pero con esto forrámonos.
    Realmente, non sei se escribircho ou ir á habitasión a desircho.
    Veña ló, que che vaia ben polo sur, rapas.

  2. PORQUE BUSCAR RESPOSTAS NAS VIAXES CANDO A MAIORÍA DAS RESPOSTAS ESTÁN DENTRO DUN MESMO…. NOVO SEAT LEÓN, SORPRENDENTE DE PRINCIPIO A FIN!!!!!!!!!
    (ESTA E UNHA MENSAXE CON PUBLICIDADE SUBLIMINAL)
    pon un enlace a miña paxina web

Leave a Reply to ktxa Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *