Gran viaxe. Pódese observar nas notas que deixamos despois dunha …
O congreso non foi de todo como me esperaba. Un pouco frouxo. Demasiados ponentes e moi pouco tempo para cada un deles. Así, ós que realmente tiñan algo que dicir faltoulles tempo.
O curioso -como dicía Jordi– é que nun congreso de software libre, o ponente que nos roubou o corazón e nos mantivo en vilo fose un filósofo chamado Bustamante!
Mais a pesar do desconcerto inicial, non é tan extraño que fose así.
A pregunta da mesa de debate na que participaba era a seguinte … ¿estanse a xerar novos modelos de sociedade?. Un envite -de por sí- non moi sinxelo de escorrentar.
Os ponentes respondérona con maior ou menor fortuna. Bustamante bordouno. Enlazando con boa man filosofía, economía e software libre conseguiu algo que moi poucos durante os 3 días conseguiron: que lle prestásemos atención con verdadeiro interese (entusiasmo nalgún caso). Non en vano no seu discurso podíanse entrever raíces ciberpunks con algunha que outra referencia a Himanen. Mais non só iso, of course.
De tódolos xeitos, sí conseguín aclarar certas dúbidas. Dúbidas que irei publicando de maneira periódica de agora en diante. E que moito me temo que encherán gran parte dos estantes deste bazar.
As cinzas
—
1 minute
Leave a Reply