Blogs e políticos

Non basta con tender pontes. Hai que cruzalas.

Esta frase pódese aplicar en xeral ós blogs dos políticos. Salvo honrosas excepcións. Parafraseando a Sombra digital a raíz do caso da Wikipedia, na maioría dos casos sobre as novas tecnoloxías, segen cabalgando as antigas mentalidades.
A idea madura e colle sentido a raíz dunha entrada de David de Ugarte e da lectura cointinua do blog de Eva Campos.
As mentalidades que rixen nun mundo descentralizado, as das estruturas que pretenden ostentar o poder entre sí, que son centros/filtros no que ó seu ámbito se refire, non son adecuadas -nin necesarias- nun mundo distribuido.
A pregunta que -me- trataba de responder é … ¿para qué pode servir o blog dun político? ¿Para falar cos colegas, para crear debate, para auditar o acontecido nos seus respectivos ámbitos de actuación, para dar pompa do seu partido, para… ? Un milleiro de cousas. Ademáis de políticos son cidadáns.
Dacordo, mais a pesar disto, creo que o blog dun político máis que ningún outro ten a responsabilidade de alonxarse do modelo loro. Daqueles usos nas que o discurso se importa e retransmite. As campañas do partido, as consignas. Neste caso non os considero outro nodo dunha rede, senón un simple hub ou retransmisor. ¿E por qué discutir-ler-interrelacionarse cun hub tendo o nodo fonte á man? Un blog pode servir para moito máis. Para constrúir discurso dende a propia localidade (ver no vídeo anécdota das milicias en Compostela na época preguerra civil. Exemplifica claramente o que quero dicir).
Ben. Sempre nos queixamos de que non hai transparencia en política. Sempre se queixan de que non hai participación. A eterna pescadilla que se morde a cola: a demencia dos gobernantes e a desidia dos gobernados. Bueno, pois aquí temos unha plataforma para construir participación e debate.
¿Aprenderemos a usala? ¿Ou non conseguiremos apearnos do cabalo?


Comments

3 responses to “Blogs e políticos”

  1. Eu son totalmente da túa opinión, de feito (e coa axuda dunha compañeir: Mentxu Ramilo) estamos facendo un traballado para investigar algo más no sentido que apuntas (http://www.interneteuskadi.org/wiki/index.php/Wikicracia) e como non cambien, moitos dos políticos utilizan o seu blog como una ferramente máis de propaganda…

  2. […] Por suposto, seguir lendo e escribindo sobre blogs e políticos, blogs e política, activismo dixital e relacionados -ó fío da celebración do e-findex así como polo proceso propio de emerxencia de certas ideas- será outro dos principais eixos desta época. […]

  3. […] Con este convencemento e algunha inquietude previa póñome a ler materiais para aclararme qué papel ten -ou que rol pode adoptar- a acción política na sociedade informacional. […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Política, axenda pública e ciberpoderes Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *