A madurez da tecnoloxía informática (I)

A TECNOLOXÍA COMO MAXIA
Nun célebre escrito de Umberto Eco (El mago y el científico), téndese o paralelismo entre a maxia na idade obscura e a tecnoloxía na sociedade moderna. Tal afirmación esconde

a presunción de que se pode pasar de golpe dunha causa a un efecto por cortocircuito, ignorando os pasos intermedios.

O que pedimos da tecnoloxía, é que sexa transparente. Que se adecúe ás nosas necesidades e nos facilite a realización de certas tarefas, aumentando deste xeito o noso nivel de benestar. Non comprendela, senón utilizala.
Así, chegamos ó primeiro dos retos dunha tecnoloxía: a fiabilidade. Que funcione como lle pedimos sin importar a caixa negra dos pasos intermedios. De igual modo ocurre coa informática e, máis concretamente, cos programas que usamos, o software.
No campo do software, nembargantes, debido ó recurso estratéxico que manexa -a información- a fiabilidade faise crítica, engadindo ademáis outro requisito indispensable: a seguridade da información. Por un lado desexamos que o contido non sexa accesible por quen non desexemos, asegurar a integridade, etc. Por outro, minimizar os posibles erros do programa -os bugs- que poden permitir a outros colarse no noso sistema e acceder ós datos.
(ler seguinte …)


Comments

3 responses to “A madurez da tecnoloxía informática (I)”

  1. […] 2) fomentar o uso de estándares abertos, permitindo a interoperabilidade entre distintos sistemas e mellorando a experiencia do usuario: un punto de inflexión, a madurez da tecnoloxía informática. […]

  2. […] 3. A eficiencia no uso dos recursos. A mellor maneira de obter software seguro e fiable é desenvolvelo según unha filosofía aberta. […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Internet: o pozo e a traída Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *