De Google, hackers e piscinas


A raíz dunha reportaxe da revista Time agora publicada polo grupo Vocento en España, vemos unhas curiosas fotos das oficinas de Google.
A reportaxe en sí non dí nada novo. Parece que só é un lavado de cara logo da polémica da censura en China e as numerosas críticas na blogosfera. Alomenos é curioso que o seu socio Time-Warner (co que en Decembro chegou a un sustancioso acordo), sexa propietario da revista Time. Mais non me quero parar nestas disquisicións. Simplemente observade de novo as fotos.
O que máis me chamou á atención foron os espazos habilitados para a distración dos seus empleados: piscina, billares, canchas de volei, masaxes … nun principio un pode pensar que isto só é unha excentricidade: ¿qué interés pode ter Google en que os seus empleados se distraian nas horas de traballo?
Pois o máximo: é a mellor forma de aproveitar o tempo dos seus traballadores. Vaia paradoxa!
Vexamos. Os traballadores de Google son programadores. Normalmente hackers no sentido de Himanen: xente apaixoada polo seu traballo (véxase senón algún dos métodos de reclutamento de novos enxeñeiros). Ben. Os programadores son xente creativa, é dicir, teñen que crear unha solución a un problema dado. Mais a creación non traballa de 8h a 15h. Non entende de horarios. Dahí, a especial relación dos hackers co traballo. O mellor xeito de que un programador saque partido das horas de traballo é que esté lúcido, relaxado. Sempre hai intres nos que te bloqueas cun algoritmo, ou cunha función… neses intres é preciso desconectar. Olvidarte. Relaxarte.
Así pois, podemos concluir dúas cousas …
>> que Brin e Page tamén coñecen a Ética Hacker, a especial relación dos hackers co tempo. Poder ser ésta unha das claves do bo rendemento da empresa: que os directivos sexan á vez técnicos, que coñezan a lóxica interna dos seus traballadores.
>> que este modelo non é exportable a tódalas empresas 😉
Para rematar… unha curiosidade … qué hai de certo no rumor de que Google ten un Plan-Para-Dominar-O-Mundo?


Comments

3 responses to “De Google, hackers e piscinas”

  1. Incrible nesa reportaxe a foto da pizarra de google onde se expuñan algúns dos proxectos “punteiros” nos que estaban traballando. Poño un deles:
    “Giant mirror reflects sunlight to earth’s dark side, keeps peopel up at night so they use google more”
    A censura china afectou ademáis de a google ós buscadores de yahoo e microsoft. O que maior gracia me fai disto e que o congreso estadounidense botoulles unha reprimenda a estas empresas por permitir a censura cando semanas antes tratara de obrigarlles a que lles suministraran datos dos seus usuarios. Por certo, din que google foi a única que se negou a darllos.
    Google ten moito poder, rastrea os nosos mails, sabe o que buscamos … pero ten unha cousa boa, di que o está facendo. Microsoft ou yahoo tamen poderían estar lendo os nosos mails e non recoñecelo.
    “Dont’t be evil”

  2. […] É curioso, pero co cambio de paradigma volvemos atrás. Como o eterno péndulo da historia. Ten de novo sentido o traballo por obxectivos, por tarefas, como na era agraria: por colleitas. E para rendir ó máximo no tempo “de creación” hai que estar distraídos. […]

  3. […] E para rendir ó máximo no tempo “de creación” hai que estar distraídos. ch! | | | […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *