Un toque de humor: a vantaxe competitiva do espíritu rural galego

Na sociedade rede e no informacionalismo hai certas cousas que cambian, ou mellor, como unha espiral volven á orixe: recupéranse os modelos de construción artesanal. Por iso, o espíritu rural galego é unha vantaxa competitiva… quen nos diría que o microfundismo sería a chave para a nosa entrada na sociedade da información!

Así, co obxectivo de actualizar e recupera-las características que me parecen chave na era informacional, vou expoñer as nosas fortalezas como sociedade.

  • A interiorización da cooperación como acción complementaria á competencia.

Quen non foi a plantar as patacas do veciño ou de outros familiares? e a recoller as uvas ou mata-lo porco? Non son estas accións nimias, senón que reflicten un espíritu de traballo en rede. Aínda que nos veña dado pola necesidade de supervivencia.

  • A confianza como método de negociación e posicionamento.

O desenvolvemento dunha marca persoal, dun xeito de face-las cousas, dun estilo ó fin e ó cabo que nos posicione ante o noso entorno. Trátase de deixa-la titulitis e volver á meritocracia.

  • Os rumores e chismes como márketing viral.

Nun mundo mediado pola confianza, o márketing viral, os rumores e opinións son o método de obter información. Teñen a función social de diminui-la incertidume da decisión. Sabemos de qué pé coxea a persoa/empresa/grupo, cómo responden. Ponse a proba a súa entereza, filosofía vital e fiabilidade.

Os galegos vimos de serie con este carácter, xa que o 90% “temos aldea”. Só debemos fortalecelo e, por suposto, actualizarse ó dixitalismo!


Comments

3 responses to “Un toque de humor: a vantaxe competitiva do espíritu rural galego”

  1. Interesantísima a tu entrada e tamen o enlace de marca persoal.
    Empezo a comprender como se pode cambiar o paradadigma dunha economía basado nos medios de producción a unha basada no coñecemento, non só para os profeisionais de certas características senon para todo o mundo.

  2. Ás veces penso que eu sei cada día menos Fran! 😀
    O que me parece máis complexo nese cambio son as persoas, o cambio de mentalidade. As ferramentas xa están… só hai que usalas! O máis complexo é cambia-los nosos esquemas mentais. Volver a ser artesáns. Non aspirar a ser funcionarios, senón a bebernos a vida! disfrutar dela. Mais qué complexo o cambio.

  3. Hola, te agradezco tu cita y estoy a tu disposición. A ver si entre todos vamos cambiando las cosas. Porque lo importante son las personas.

Leave a Reply to Andrés Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *