Tecnoloxía e desenvolvemento

[Hoxe comezo unha longa serie de post nas que falarei de tecnoloxía e desenvolvemento. De patentes, farmacéuticas e software. De cómo todo iso mezclado conforma os novos eixos da soberanía na era da sociedade informacional. Empecemos.]

A día de hoxe, existen 4 instrumentos/reivindicacións fundamentais da cooperación internacional. A saber: AOD (Asistencia/Axuda Oficial ó Desenvolvemento), débeda externa (enténdase a súa condonación ou sustitución por outros recursos), comercio e transferencia de tecnoloxía e coñecementos.

O último punto é quizáis o menos coñecido, porén do máis importante para pasar da asistencia á cooperación real: ó emponderamento.

Para entender por qué digo isto, debemos primeiro coñecer cómo se desenvolven os países ou rexións, cal é a relación entre tecnoloxía e desenvolvemento. Para iso adxunto un gráfico (PNUD 2001) moi explícito. É común crer que a tecnoloxía é consecuencia do desenvolvemento (un output do mesmo), mais tamén pode ocorrer á inversa: a tecnoloxía pode ser unha ferramenta para o mesmo, un input. O gráfico déixao moi claro.

Deste xeito, vese fácilmente cómo o desenvolvemento pivota sobre 2 estratexias complementarias:

  • inversión de recursos no cambio tecnolóxico
  • inversión de recursos en educación, sanidade e cultura

A discusión non é trivial e do modelo aplicado depende en gran medida o éxito ou fracaso da iniciativa (amén de condicionantes externos, claro!).

O que pretendo deixar claro hoxe é a importancia do cambio tecnolóxico no desenvolvemento dos países, un factor un tanto olvidado no mundo da cooperación.

Baste recordar qué significou (para os países industrializados) pasar á era informacional: un aumento da produtividade e, polo tanto, de acumulación de riqueza, que en última instancia redunda en benestar. Por iso, a longo plazo, a única estratexia viable para obter desenvolvemento pasa por implementa-lo cambio tecnolóxico. Pasar dunha sociedade agraria a unha industrial, dunha industrial a unha informacional. Castells resume moi ben tódolos matices deste proceso…

La tecnología es una dimensión fundamental del cambio social. Las sociedades evolucionan y se tranforman a través de una compleja interacción de factores culturales, económicos, políticos y tecnológicos. Es preciso, pues, entender la tecnología en el seno de esta matriz multidimensional. Con todo, la tecnología tiene una dinámica propia. El tipo de tecnología que se desarrolla y difunde en una determinada sociedad modela decisivamente su estructura material. Los sistemas tecnológicos evolucionan de forma gradual hasta que se produce un cambio cualitativo de primera magnitud: una revolución tecnológica, que lleva a un nuevo paradigma tecnológico.
[…]
El proceso de transición histórica avanza con la absorción de las formas sociales precedentes por las nuevas y emergentes, de modo que las sociedades son considerablemente más confusas que los modelos que creamos con fines heurísticos. ¿Cómo sabemos que un paradigma dado (por ejemplo, el informacionismo) es dominante respecto a los otros (por ejemplo, el industrialismo)? La respuesta es sencilla: por su rendimiento superior en cuanto a acumulación de riqueza y poder. Las transiciones históricas son moldeadas por el mundo de los que ganan. Este hecho no implica ningún juicio de valor. En realidad, no sabemos si el hecho de producir más y más entraña valor superior alguno en términos de humanidad. La idea de progreso es una ideología. Lo bueno, lo malo o lo indiferente que sea un nuevo paradigma depende de la perspectica, de los valores o de los criterios de calidad. Sabemos que es dominante porque, al imponerse borra la competición por medio de la eliminación. En este sentido el informacionismo es el paradigma dominante de nuestras sociedades, que sustituye y subsume al industrialismo.

(Manuel Castells, epílogo á obra de Pekka Himanen “La ética hacker y la era del informacionalismo“)


Comments

7 responses to “Tecnoloxía e desenvolvemento”

  1. […] Comprende-la relación entre tecnoloxía e desenvolvemento non é algo trivial, senón o primeiro paso para obte-lo benestar social. A transferencia de tecnoloxía e coñecementos é un mecanismo fundamental para o desenvolvemento de países e persoas. El desarrollo es un proceso económico por el cual las comunidades o los países mejoran de forma sostenida su productividad. Los salarios reales, y con ellos el bienestar crecen a fin de cuentas, paralelos a la productividad. En líneas generales la productividad es la medida media del valor que un trabajador normal puede crear en una hora de su trabajo en una economía dada. ¿Cómo mejoran la productividad los países? Básicamente de dos maneras: […]

  2. ¡Bravo!
    A tecnoloxía non é unha variable independente da sociedade, entendendo sociedade como a matriz conxunta de política, lexislación, cultura, ocio e esquema empresarial.
    A tecnoloxía forma parte desta matriz, modelaa e é modelada por ela. Por iso falamos de Tecnoloxía Apropiada. A tecnoloxía non é neutral incide na dirección na que se desenvolverá unha sociedade, de ahí que deba existir a posibilidade de adaptar o proceso tecnolóxico ao caso concreto do proceso de desenvolvemento de cada rexión.
    É como veremos máis adiante unha tecnoloxía cerrada, propietaria, trata de impoñer a tódalas rexións o mesmo modelo dependente e sumiso dos imperios tecnolóxicos, impedindolles optar o seu propio esquema de desenvolvemento, e máis, en xeral, isto impidelles optar o propio desenvolvemento.

  3. […] Así, nas charlas, logo dunha breve introdución á relación entre tecnoloxía e desenvolvemento e á relación entre patentes e desenvolvemento, entramos de cheo na explicación da industria, tendo a Novartis como a nosa empresa exemplo: usando o xuízo contra a India e a noticia de que abre os seus datos noutros produtos. Modelo cerrado VS Modelo aberto na mesma empresa. […]

  4. […] [Aproveito a mini-ponte para amplia-la serie iniciada sobre tecnoloxía, patentes e desenvolvemento. E fágoo cun post sobre traballo e desenvolvemento. Pretendo así aportar o meu grao de area á actualización do imaxinario… da Revolta de Haymarket e dos Mártires de Chicago … á loita por que a división internacional do traballo non se convirta nun novo modo de imperialismo] […]

  5. […] E a pesar do pouco tempo do que podo dispoñer a diario para “outras cousas” … xa teño varios post en borrador … falar da relación entre mercados e desenvolvemento (e do papel da Axuda Oficial ó Desenvolvemento); do federalismo das cidades (ou dun marco de goberno bottom-up global); amplia-la serie de tecnoloxía, patentes e desenvolvemento; a relación entre transxénicos e software (aínda que outros xa o fixeron); seguir coa serie de conversas/entrevistas; … ideas non faltan, o que falta é tempo. […]

  6. […] a mini-ponte para amplia-la serie iniciada sobre tecnoloxía, patentes e desenvolvemento. E fágoo cun post sobre traballo e desenvolvemento. Pretendo así aportar o meu grao de area á […]

  7. […] Dicía tamén Castells (xa citado nun post anterior)… […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Transferencia tecnolóxica, patentes e copyrights Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *