Resumo do relatorio de Carlos Taibo

A serie Mundialización da economía, sociedade e universidade comezou con Carlos Taibo. Francamente fiquei decepcionado polo seu relatorio, mais empezarei polo principio: expoñendo as súas teses. Logo, farei a miña crítica.

Xa se pode ve-lo vídeo da charla a través da plataforma UVigo TV. Tamén le-las crónicas do DUVI: presentación das xornadas e crónica da charla de Taibo. Empezamos aquí co resumo…

1 — Conceto de Globalización, según Carlos Taibo
Empeza o seu relatorio cunha aclaración ontolóxica, de onde estamos. Do que entende por Globalización.

  • Entende que a Globalización é un conceto alleo a nós, que ninguén nos pideu avaliar se nos interesa ou non. Que foi imposto.
  • Xurde da necesidade de lexitimación do Novo Orde Mundial proposta por Bush pai nos 90.
  • Simplemente é unha positivación de palabras xa antigas como Imperialismo ou Capitalismo.

Polo tanto non acepta o termo globalización a secas. Sendo esto así, sí acepta a globalización “con apelidos”: globalización capitalista ou globalización neoliberal tendo en conta as seguintes puntualizacións que se dan:

  • Primacía da especulación (móvense 60 veces máis recursos en especulación que en servizos e produtos)
  • Aceleración na fusión de capitais e concentración da riqueza (multiplicáronse por 7 nos últimos 15 anos)
  • Deslocalización de empresas
  • Desregulación, recuamento dos poderes públicos
  • Redes do crime organizado en auxe (si desaparecen as regras de xogo, son éstes os que se benefician)

A idea-matriz é que “a aposta da Globalización-Capitalista é a xeración dun paraíso fiscal de escala planetaria, prescindindo de consideracións sociais, medioambientais, etc“.

2 — Algúns efectos e mitos da Globalización-Capitalista, según Carlos Taibo

  • Non é un proceso descentralizado senón que é claramente controlado polos 3 centros de decisión mundial: Estados Unidos de América, Xapón e a Unión Europea. Feito que demostra con que das 45.000 empresas (maiores do mundo? non apuntei o dato), 37.000 son deses 3 centros.
  • Non reduce desigualdades. 3.000 millóns de persoas que viven con menos de 2dólares/día (50% da poboación mundial); 1.200 millóns con menos de 1dólar/día; as economías dos 48 estados máis pobres equivalen ás 3 meirandes fortunas persoais; según estatísticas do BM a relación entre o 20% da xente máis rica e o 20% da xente máis pobre era de 30 a 1 en 1970, de 60 a 1 en 1990 e de 90 a 1 hoxe en día.
  • Efectos políticos, o estado. As súas atribucións económico-sociais retroceden mentras que o control e o poderío militar aumenta.

E comeza cos movementos antiglobalización…
3 — Orixes dos movementos antiglobalización, según Carlos Taibo
A continuación pasa a explica-las razóns de porqué xurden os movementos antiglobalización e os principais retos que se lle presentan a éstes.

Empeza cunha aclaración terminolóxica. De porqué algúns os nomean alterglobalización. Da dúas razóns principais:

  • De márketing político: antiglobalización é un conceto negativo que hai que positivar a outro que revele accións propositivas. Non entra na deslexitimación deste planteamento.
  • O intelectual: dentro do movemento hai grupos que están en contra desta Globalización-Capitalista, pero non en contra doutro tipo de globalización. Párase a rebatir este argumento. Principalmente di que, como explicitou ó principio, a globalización non é un proceso novo senón que simplemente é a positivación de concetos como Imperialismo ou Capitalismo. A ninguén se lle ocorre plantexar termos como alterimperialismo ou altercapitalismo, polo tanto non acepta o termo alterglobalización. Ademáis, di estar en contra, ou alomenos é cauteloso con calquer tipo de globalización.

A posteriori pasa a desgranar en 4 puntos as causas de xurdimento deste tipo de movementos:

  • A sociedade do 20/80. En xeral, 20% das persoas teñen benestar mentres o 80% restante non.
  • Condicións do traballo asalariado empeoraron (redución de salarios e aumento da xornada laboral)
  • Déficit de democracia nos organismos de gobernos mundiais (FMI, BM, …)
  • Problemas coa esquerda partidaria, ONG, … que defraudaron ó insertarse no sistema

4 — Retos e virtudes dos movementos antiglobalización, según Carlos Taibo
Xa por último desgrana os principais retos dos movementos antiglobalización.

  • Reformular esquemas organizativos do movemento, que ata o de agora fano en torno ós foros e ás contracumbres (respondendo ás cumbres do G8, FMI, etc), tratando de non caer nos vellos esquemas institucionalizados. A participación ata o de agora quedouse en asistir a eses eventos e non se logra transformar a realidade na que vivimos. Falta canalizar a enerxía. Logo da manifestación de Barcelona de 2002… onde se meteu toda esa xente os 364 días restantes do ano?
  • Referente político do movemento. Presenta 3 posibles liñas que se discuten: unha que di que as forzas políticas tradicionais da esquerda son un mecanismo suficiente para canalizar esa enerxía; a contraposta que responde conque convén artellar forzas políticas novas; e logo a maioritaria según o seu parecer que aposta por pospoñe-lo debate, pois a tarefa agora é fortalece-lo movemento e logo discuti-lo referente político.
  • Artellar alternativas do orde existente. Insiste en que é mentira que o movemento non propoña, hai pasos e accións concretas, aínda que é certo que non existe un programa común. Di que hai que valorar os inconvenientes e as vantaxes.
  • Construción de medio de comunicación independetes do sistema.
  • Comentarios acerca da violencia do movemento. A violencia dada nos eventos é insignificante respecto á violencia diaria sufrida nas relacións empresa-traballador, de guerras, medioambientais, … ademáis a violencia do movemento é contra as cousas (cristaleras, mobiliario público, etc) e non contra as persoas.

Virtudes dos movementos antiglobalización:

  • Horizonte de resistencia global ó sistema que padecemos.
  • Non se reivindica borrón e conta nova, senón que se tenden lazos cos movementos obreiros existentes.
  • Responden. Xa se conta con redes transnacionais de movilización de persoas (os principais movilizadores son do sur: arxentina, brasil, singapur, …).
  • O movemento permitiu rescatar a xente nova. Son eles os que están construindo alternativas xa.

Comments

5 responses to “Resumo do relatorio de Carlos Taibo”

  1. Non estiven no relatorio pero verei o vídeo. Sen ver o vídeo non podo opinar pero creo que a túa crónica é boa.
    Espero ansioso as túas opinións persoais.

  2. […] En primeiro termo dicir que a charla de Taibo estivo ben organizada e nas preguntas foi moi cordial: as formas ás veces son o fondo e Taibo presentouse como un señor. Explicou paso por paso as súas ideas e con numerosos e gratificantes exemplos (os “cotilleos” do movemento). Con ánimo de facerse entender. Pero carecía dun discurso global, dunha reflexión profunda da sociedade actual a partir da cal realizar propostas de acción. Entende-lo mundo que nos rodea para propoñer. Ben ó caso o que dicía Mao… un home sen información, carece de opinión […]

  3. […] Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video) […]

  4. […] Seguimos coas crónicas dos relatorios de Mundialización da economía, da sociedade e da universidade, que empezámo-la semana pasada. Ó igual que para a de Carlos Taibo, farei resumo e crítica. […]

  5. […] Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video, crónica do DUVI) […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Mundialización da economía, da sociedade e da universidade Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *