Éste vai ser un post de posts. Unha recopilación para entender qué me falta, qué debo aínda explicar e coñecer. Espero vos sexa de axuda para contextualizarme.
A andadura deste bazar comezou cunha declaración de intencións ambiciosa: falar do que nos rodea dende unha perpectiva open source e coa lóxica do mundo rede.
Nestas condicións, hai xa algún tempo que ando pensando no significado da acción política, do activismo. ¿Qué significa ser activista no século XXI? Logo dalgunhas vivencias persoais e de ler diariamente a dous maestros: Juan Freire e David de Ugarte xa vou tendo algún coñecemento residual. O que segue é a recopilación do que fun poñendo neste blog.
O activismo Open Source
Ser activista significa querer modificar unha situación de partida, polo que primeiro hai que coñecela. Faise necesario entón comprende-la globalización, a configuración dun mundo hiperpolar. Desterritorializa-la mirada para crear con éxito redes de persoas transnacionais.
Significa, despois, coñece-las ferramentas que nos permiten crear e difundi-lo noso discurso, configura-la identidade. Pensar dende a lóxica das redes distribuidas, donde non hai poder de filtro nin de control. Só podemos propoñer.
E, por fin, madurar unha estratexia que retroalimente as propostas da rede co territorio que nos rodea.
Este é o lugar actual, aquí é onde estamos: tratando de entender cómo realizar con éxito o último proceso.
Recopilando: activismo open source
—
Comments
3 responses to “Recopilando: activismo open source”
-
¿Porque nunha ONGD?
O activismo pode materializarse, concretarse a través de distintas formas. A forma máis habitual consiste en colaborar nunha entidade xa establecida, partidos políticos, sindicatos, asociacións de veciños, delegacións de alumnos …
Cal cres que é o proceso polo que unha persoa escolle unha forma ou outra de axudar.
Cal é a túa resposta para cando alguén di, traballar en África, non hai que ir tan lonxe para encontrar pobreza …
Teño as miñas opinións ó respecto pero gustaríame ler un post acerca deste tema. -
En ningún momento falo de ONGD. Pero entendo a pregunta.
Tratarei de responder de dúas maneiras:
1. Ata o de agora, as ESTRUTURAS XERÁRQUICAS ERAN MÁIS EFICIENTES QUE AS ESTRUTURAS EN REDE. Aínda que éstas últimas fosen máis naturais á nosa forma de organizarnos na vida real. Esta pode ser unha primeira razón pola que tiveron maior éxito estruturas xerárquicas (sindicatos, ONGD, partidos, …). A partir dagora xa non é así. A revolución das TIC cambiou isto e xa podemos organizarnos en redes… ¿para qué ONGD… con xerarquía?
2. A segunda forma de abordar a pregunta-trampa ;P sería contestar que un escolle un grupo de persoas polas afinidades persoais, non pola estrutura da entidade (ONGD, sindicatos, partidos, mov sociais, etc).
Xa persoalmente, non colaboro con ninguén que non me deixe o meu espazo de participación e promova un discurso apocalíptico e centralizador. Simplemente desexo segui-la miña traxectoria vital, non supeditarme a ningunha forma mítica trascendente. Porque “un home noble non pode servir a ninguén”, dicía Confucio. A partir dahí todo é posible. Elixo as miñas loitas e non existe máis explicación que a puramente persoal. -
Como xa falamos a miña pregunta ia por dous camiños:
1.- Como se escolle a grupo.
Como xa che dixen estou dacordo no segundo punto da túa contestación. Tiñas razón cando diseches que cada quen “escolle as súas loitas”. Inda que as veces parece que son as loitas as que escollen a un.
Achégaste a un grupo, gustache e te quedas, non ten porque ser un acto necesariamente consciente.
2.- Por que é importante o desenrolo do Sur.
Por un lado, dende o meu punta de vista, inda que en España podese avanzar moito as cousas están bastante ben (seguridad social, índices de paro e riqueza aceptables …). É dicir existen uns organismos e mecanismos fortes e definidos que poden afrontar a maioría dos problemas.
O outro aspecto é o de pensar que o que pase lonxe de nós non nos afecta. O cal non é para nada certo. A desertización do Brasil aféctanos (osixeno). A pobreza de Senegal aféctanos (inmigrantes).
O desenrolo dun pobo é sempre positivo, dende o punto de vista moral é obvio, pero tamén dende o económico. Se teñen máis diñeiro significa que poden comprarnos máis cousas.
Leave a Reply