Identidade e globalización: a neofeudalización

2 minutes

Nichos de mercado, comunidades virtuais, tribus urbanas, … todos son palabras que condensan (en diferentes linguaxes) o que todos xa sabemos e que reflexa moi ben este dito:

En teoría todas las personas somos iguales. En la práctica todas somos distintas.

Cada un de nós ten unhas motivacións e necesidades singulares, individuais: ésas que nos configuran e que nos fan sentir pertencentes a un grupo. En realidade, a varios, potenciando o noso ser indidual en varias das súas facetas. A individualización:

En realidad de lo que estamos hablando es de la diferencia entre individualización e individuación. Mientras la primera es en realidad una forma de socialización entre pares, no mediada por instituciones, castas o capas de ningún tipo, la segunda representa una forma de aislacionismo, de separatismo personal que acaba afirmando, al fin, la imposibilidad de la comunicación con el otro en el más puro relativismo cultural. Mientras la primera surge de la posibilidad de renegar de los intermediarios, la segunda surge de renegar de la vida social.
[…]
Quien quiera individuarse no tiene nada que hacer en la red virtual, una herramienta que sirve exclusivamente para comunicar.
David de Ugarte

Nun ambiente fortemente territorializado (é dicir, con poucas posibilidades de relación co exterior), as comunidades reprimen as capacidades de cada individuo, obténdose un resultado que non satisface a ningún dos seus membros. Obtense unha solución sub-óptima. Nestas condicións, certos aspectos do noso ser non podemos potencialos.
Pola contra nun mundo global, ubicuo e móvil, todo está ó alcance de todos. Potencialmente. E comeza a ser posible explotar tódalas identidades dun mesmo. Esto tamén se pode teorizar co concepto de Long Tail, ou Longa Cola (a parte amarilla da imaxe): coa globalización é viable a existencia de moitos pequenos grupos, comunidades ou nichos de mercado. Ademáis, en suma, todas esas pequenas comunidades son maiores que as poucas comunidades grandes. Os mecanismos que potencian a globalización non homoxeinizan, senón que heteroxeinizan.

Así, cos mecanismos que dan lugar á globalización vai sendo posible crear grupos de persoas transnacionais, non adscritos a territorios, senón unidos por interese comúns. A identidade xa non está ligada ó territorio. Tampouco ás comunidades “duras”. Estamos ás portas do que se coñece como neofeudalismo, as tribus globais.


Comments

4 responses to “Identidade e globalización: a neofeudalización”

  1. […] Ocorre de igual xeito nos mundos virtuais. Amén dos espazos clásicos reformulados (educación virtual, por exemplo) aparecen novos espazos de socialización. As comunidades de intereses diversas relaciónanse mediante listas de correo, foros, blogs e wikis. Existen lugares onde chuzamos noticias, onde lemos e descubrimos, onde mantemos a relación: agregadores, blogosfera, portais de noticias, etc. Incluso existe un mundo completo de socialización como é Second Life, onde xa existe un centro galego. […]

  2. […] dogmatismos, sen pecha-los ollos á razón, é o primeiro paso para modificar un mundo desigual. ch! | | […]

  3. […] Pero a identidade xa é global e o Estado-Nación non ten os medios para evitalo nin reinventarse. Tamén a xeración de riqueza se estrutura nun proceso alén das fronteiras territoriais. […]

  4. […] dúbida unha lectura imprescindible para todo aquel que vexa necesario a emerxencia da cidadanía global, do activismo pro-globalista. Porque coñece-lo entorno, sen dogmatismos, sen pecha-los ollos á […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *