Notas sobre “Eulalia a romeira”

O suicidio e as lesións autoinflixidas xa son a segunda causa de morte entre a mocidade galega de 15 a 29 anos, só por baixo dos accidentes de tráfico e doutros medios de transporte.

Por que queren morrer?

É posíbel que a forza que impulsa a alguén a suicidarse sexa irreversíbel. A min interesábame explorar os outros casos, os evitábeis. Cales son as redes de seguridade que existen? Cales as pontes que alguén non cruza antes de quitarse a vida? Penso en dúas: as persoais e o sistema público de saúde. E por que non funcionaron?

O estigma e incomprensión arredor das enfermidades mentais actúa como un silenciador. Oculta o que resulta incómodo, impedindo que familia e amigos actúen como soporte. Un sistema de saúde privatizado e infradotado, remata co último alento do doente que decide acudir a un especialista e non pode.

Este é o contexto que Eulalia e a súa neta tiveron que navegar ao vérense golpeadas por un intento de suicidio.


Eulalia a romeira foi un conto que escribín no inverno de 2023. Participou na 6a edición de microrrelatos organizada por asociacion.gal e a RAG.

Outros contos que publiquei: O certame que gañou Sarela, Para que pregunto?, Os reis de Fisterra.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *