“La tecnología no es buena ni mala. Tampoco neutral.”
Melvin Kranzberg
¿Qué supón a neutralidade no mundo do software? Dende logo non elexir entre unha compañía ou outra por lei. Dacordo ata este punto. ¿Mais, enténdeno así os nosos gobernantes/xestores?
Non o creo. Unha lei que regule o uso do software libre na administración non impide a ningunha empresa poder acceder ó concurso público. Todo o contrario, facilita o acceso e mellora a usabilidade do usuario. Non poder acceder a certos contidos como usuario por non usar software, digamos de Macromedia ou Microsoft non me parece nada neutral por parte do estado.
Con esta perspectiva, nace o Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica. Pretende ser un lugar onde visualizar o conflito: pór as nosas denuncias de incumplimento de neutralidade.
A neutralidade tecnolóxica non se debe convertir en ineptitude tecnolóxica. Non o olvidemos, hoxe en día ser neutral significa ser accesible, usable e interoperable. Éste é o camiño que se debe andar: o dos estándares.
Sobre a neutralidade tecnolóxica:
» Diario de sesións do Senado: [en PDF] Comisión da Sociedade da Información e o Coñecemento. Presidencia do Excmo Sr. D. Jordi Guillot Miravet. Celebrada o martes, 19 de Abril de 2005.
» Recursos sobre neutralidade tecnolóxica en Derecho Internet:
» e mentres tanto o mundo xira ó revés:
— os avións de Gran Bretaña
— ¿O pentágono e a NSA usan Linux?
— O Departamento de Seguridade interna dos EUA demostra que o software libre ten menor índice de erros
Leave a Reply