Internet: o pozo e a traída

2 minutes

Cando aínda eramos uns críos -hai uns 20 ou 30 anos- en Galicia, o normal era ter un pozo, un depósito de auga na casa.
O seu obxectivo era asegurar o abastecemento. Por aquel entón, aínda non funcionaban de todo ben (si tíñamos a sorte de que as había) as redes municipais de abastecemento de auga. Por iso, facía falta unha fonte de suministro segura.
Co tempo, as redes foron chegando e o abastecemento xa era fiable: non tiña cortes tan habituais e a auga chegaba fluida. Ós poucos, fomos adquirindo confianza no suministro e pasamos do uso da auga do pozo a usar a auga da traída. Agora, é raro ver unha casa cun depósito de agua. E a case ninguén se lle ocorre construir unha que o posúa.
Tal analoxía sérveme hoxe para reflexionar sobre o software e internet. Internet tamén é unha rede (de datos fronte á rede de agua anterior). E o software é a súa auga. Para abastecernos precisamos de pozos de información: os discos duros.
A día de hoxe é preciso ter todo o software (sistema operativo, programas ofimáticos, edición de gráficos, etc) na nosa computadora. Para asegurar o servizo debemos telo na nosa computadora. Mais non parece ilusorio pensar que nun futuro próximo poidamos prescindir del xa que todo o que precisemos se encontrará a golpe de ratón, na rede. Á nosa disposición.
Para que isto ocorra, sen dúbida, é preciso que se den alomenos dous condicionantes:
1) garantir a fiabilidade da rede (ancho de banda, mellora do servizo, etc), xa que non usaríamos a auga da traída se non tivésemos unha fonte de suministro segura.
2) fomentar o uso de estándares abertos, permitindo a interoperabilidade entre distintos sistemas e mellorando a experiencia do usuario: un punto de inflexión, a madurez da tecnoloxía informática.
Pode que para entón, non teñamos pozos de software senón que usemos o da traída.


Comments

4 responses to “Internet: o pozo e a traída”

  1. mellor explicado, imposíbel 🙂

  2. […] Pode que non esté tan lonxe os tempos da metáfora da que falaba hai un tempo…. a do pozo e a traída. […]

  3. […] Por isto, como as antigas redes de auga, a rede debe a servir auga da traída e non do pozo. Mais para iso é preciso o acceso universal e garantido. […]

  4. […] esté tan lonxe os tempos da metáfora da que falaba hai un tempo…. a do pozo e a traída. ch! | | | […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *