Hacia o quinto nivel: a colmena humana

Cando un xoga a futurólogo debe saber que é preciso ser un home renacentista para facelo con algún sentido. E logo de ler Multitudes inteligentes, de Howard Rheingold (ver blog do sobre a mesma temática: as Smart Mobs), parece que vexo por todos lados referencias e ideas que relacionan múltiples campos: bioloxía, xenética, telecomunicacións, publicidade.
Coa lectura deste libro condénsase de novo a idea central deste ano 2007: toca tecer rede civil internacional. É a hora das iniciativas civís con lóxica rede e open-source.
Nesta fase da historia –global (aberta ó entorno), dinámica e complexa- podemos plantexarnos cómo nos organizaremos, cal será a próxima revolución social. Como entrante a este concepto deixo unhas palabras de Jose Antonio López (profesor de microbioloxía da UAM)…

 Hace unos 4000 millones de años, las primeras moléculas con cierta capacidad replicativa (el ARN y/o ADN) pudieron hacer su aparición en la sopa primigenia terrestre (primer nivel). 500 millones de años más tarde, en una atmósfera anaerobia del segundo nivel, aparecerían los primeros organismos procariotas (bacterias probablemente…) para, 2000 millones de años más tarde, dar paso al siguiente nivel con los primeros organismos eucariotas. Finalmente, hasta el momento, hace unos 1000 millones de años, empezaron a agruparse células independientes en estructuras superiores (cuarto nivel). A todo esto, hace solo 2 milloncitos de años de nada que nuestros abuelos más remotos se ganaron el género Homo. Y ahora, ¿qué? ¿Cuál sería el siguiente nivel?

Buscando exemplos na bioloxía (abellas, formigas, corais) e na xenética poderemos anticipa-lo futuro, entendelo e modificalo. E como ben di José Antonio

En un mundo globalizado, con los medios rápidos de transporte como sistema circulatorio, la red de ordenadores como claro sistema nervioso

Esas son as claves do que podemos ser: transporte e comunicacións artellan un mundo global do que debemos ser partícipes. Estimular tribus globais de participación é o reto da sociedade civil nos próximos anos. Os “malos” xa o fixeron, os Estados e empresas están en proceso. E nós? Para cando? Deixémonos de choros e lamentacións.


Comments

2 responses to “Hacia o quinto nivel: a colmena humana”

  1. Mmmm… a min as utopías maquinista urbanas que apareceron desde Le Corbusier, Hilberseimer e compañía danme un pouco de medo. Nova Iorque, Londres ou mesmo Madrid son un inferno.
    Eu aínda acredito na tradicional cidade-xardín de menos de 300.000 habitantes, mestura de agro e cidade, como a mellor maneira de vivir.

  2. […] Eu -sen ánimo de xogar a futurólogo, exercicio que require persoas renacentistas- escribín un artigo bastante conservador, nada novo pero que convén deixar claro: limítome a describi-los dous eixos que potencian a emerxencia dos novos medios: o global e o local. […]

Leave a Reply to mendinho Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *