Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo

O INFORMACIONALISMO E A SOCIEDADE REDE

No medievo, o motor da economía e da sociedade eran a agricultura e a gandeiría. Os terratenentes que figuraban en primeiro lugar da revista Forbes da época era xente que vivía das terras. Básica e superficialmente explotando a outros que as traballaban.

Coa progresiva chegada da Industrialización esto foi cambiando e, a pesar de que seguían existindo gandeiros e agricultores, o motor da sociedade foron as industrias. Con este novo paradigma tecnolóxico -derivado dos avances nas tecnoloxías de transportes, comunicación e enerxía- producíronse cambios profundos na sociedade. E non me refiro só ó aumento da produción e novos inventos, senón tamén á relación co traballo, o diñeiro e o tempo. Por exemplo: os traballadores campesiños difiren en moito dos industriais. Para empezar os primeiros traballan conforme a obxectivos, sen un horario establecido. Os segundos ríxense por horarios e fichas que ticar. O caso paradigmático da industrialización pode ser o modelo de traballo derivado de Ford: os traballadores non son máis que eslabóns dunha cadea. Coas consecuencias que non só Tempos Modernos caricaturiza. Senón algunha máis profunda.

Hoxe en día, habitamos unha Sociedade Rede (ou da Información e o Coñecemento) que ten como paradigma tecnolóxico o Informacionalismo. En La ética hacker y el espíritu del informacionalismo, Pekka Himanen contrapón as raíces da Industrialización e o Capitalismo: a Ética Protestante (algo que explicara Max Weber en “La ética protestante y el espíritu del capitalismo“), coas da nosa sociedade actual. Defende que o Informacionalismo (do que deriva en parte a Sociedade Rede) funde as súas raíces na Ética Hacker.

Mais, antes de tentar explicar qué cambios pode implicar esta nova época no noso modo de vida, debemos entender o que significa na práctica o novo paradigma tecnolóxico: o Informacionalismo.

O INFORMACIONALISMO: CASOS “PRÁCTICOS”
O traballo intanxible, do coñecemento, ven aumentando o seu valor nos procesos produtivos. De mostra, un botón:

… desde 1945 el peso en Kg del PIB mundial ha decrecido mientras su valor en moneda constante ha crecido prácticamente sin parar.

¿Pero, qué significa isto?

Para empezar, si botamos un ollo á INDUSTRIA CONVENCIONAL, vemos que agora -a diferencia de na era industrial- xa non abonda con fabricar. Os novos tempos ríxense pola organización do traballo (para optimizar tempos de produción, minimizar stocks, …) e a inversión en I+D+i (para aportar valor ó producido, algo que nos diferencie do competidor) porque fabricar xa o pode facer “calquera”. Traballos intanxibles: de enxeñeiros de organización, economistas, etc. Xente que non traballa coas mans, senón coa cabeza. Non en vano hai hoxe máis xente ca nunca nas universidades.

Mais non só na industria convencional se nota o cambio. Por todos lados florece: só hai que abri-los ollos e desexar ver.

Nun maremágnum de información como a que temos hoxe en día á nosa disposición provócanse colapsos de información. Colapsos por exceso. Así, hoxe máis que nunca precisamos xente que se dedique a categorizar e re-distribuir a información: tradutores para entende-los conflitos internacionais (sen dúbida os máis demandados deben ser os de linguas árabes), homes renacentistas con coñecemento de varias disciplinas (para tender pontes entre a superespecialización do traballo), xestores do coñecemento e da innovación (esas persoas que se encargan de deseñar procesos para que a experiencia non se perda), etc.

Mais logo de categoriza-la info e tela á nosa disposición precisamos darlle forma: o analistas. Sociólogos, filósofos e periodistas; pero tamén brokers, consultores de tecnoloxía, etc. Think tanks, en definitiva.

E, para rematar cos exemplos de qué significa a “intanxibilidade da economía”, hai 3 industrias especialmente características da nosa época: a audiovisual, a farmacéutica e a das telecomunicacións e informática (refírome aquí principalmente á industria software). Todas traballan coas ideas, con intanxibles. Todas envoltas nos novos conflitos que David De Ugarte describe como Tecnoimperialismo.

Con estes exemplos e coas teorizacións de Castells, Himanen e outros podemos entender xa onde estamos: a era do Informacionalismo e a Sociedade Rede.
(continuará…)


Comments

22 responses to “Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo”

  1. Gran artigo. Gracias.
    Faise moi interesante o tema do crecemento en moneda, e descenso en Kg do PIB.
    A modo de reflexión transversal gustariame comentar que dixeron na TV que Roca (o de Marbella) podería ser unha das catro fortunas máis grandes de España. Sí, unha desas fortunas que non saen en Forbes. Non será que o modelo económico actual permite isto. Poderiase dar noutro momento histórico a existencia de tando diñeiro soterrado.

  2. A Sociedade do Coñecemento…
    Este artigo consegue desgranar en poucas liñas a evolución que sufriu a sociedade dende unha economía medieval ata a actual sociedade do coñecemento….

  3. […] actual. Madurará. Hoxe creo que ésto é máis prioritario que calquera outra iniciativa. ch! | | […]

  4. […] O  #48 da revista Código Cero [PDF 1.37Mb] publica este mes un artigo meu, anteriormente aparecido neste blog. Titúlase Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionismo. […]

  5. […] Taibo ven dicíndonos que a Globalización non existe, que simplemente é poñerlle un nome bonito a un proceso imperialista controlado por 3 axentes. Si seguira subindo nesa pirámide do discurso antes mencionada, quizás se atoparía con outra xente: por exemplo Castells e Himanen co seu modelo de “Sociedade Rede e Informacionalismo“. Incluso ó seu mesmo nivel (o do análise dos datos) existen expertos que din que a globalización sí é un feito (interdependencia dos países e economías en diverso grado, a metáfora de aldea global é reveladora neste senso). Ademáis é un proceso dinámico e complexo: inflúen máis dos 3 axentes por él enumerados. […]

  6. […] Logo de que me publicasen o artigo na Código Cero #48 [PDF] tiven que responder a moitas preguntas do estilo… e cómo foi? […]

  7. […] Descubro esta mañán 2 textos de Juan Freire e David de Ugarte maravillosos. Que sintetizan o que provoca o paso do industrialismo ó informacionalismo. Volvemos a ser artesáns, artesáns dixitais. E precisamos dun novo marco para entende-lo mundo, dunhas novas regras. Porque nel aparecen conflitos novos, que non son máis que reprodución de ideas vellas. […]

  8. […] Taibo ven dicíndonos que a Globalización non existe, que simplemente é poñerlle un nome bonito a un proceso imperialista controlado por 3 axentes. Si seguira subindo nesa pirámide do discurso antes mencionada, quizás se atoparía con outra xente: por exemplo Castells e Himanen co seu modelo de Sociedade Rede e Informacionalismo. Incluso ó seu mesmo nivel (o do análise dos datos) existen expertos que din que a globalización sí é un feito (interdependencia dos países e economías en diverso grado, a metáfora de aldea global é reveladora neste senso). Ademáis é un proceso dinámico e complexo: inflúen máis dos 3 axentes por él enumerados. […]

  9. […] Na sociedade rede e no informacionalismo hai certas cousas que cambian, ou mellor, como unha espiral volven á orixe: recupéranse os modelos de construción artesanal. […]

  10. […] Baste recordar qué significou (para os países industrializados) pasar á era informacional: un aumento da produtividade e, polo tanto, de acumulación de riqueza, que en última instancia redunda en benestar. Por iso, a longo plazo, a única estratexia viable para obter desenvolvemento pasa por implementa-lo cambio tecnolóxico. Pasar dunha sociedade agraria a unha industrial, dunha industrial a unha informacional. Castells resume moi ben tódolos matices deste proceso… La tecnología es una dimensión fundamental del cambio social. Las sociedades evolucionan y se tranforman a través de una compleja interacción de factores culturales, económicos, políticos y tecnológicos. Es preciso, pues, entender la tecnología en el seno de esta matriz multidimensional. Con todo, la tecnología tiene una dinámica propia. El tipo de tecnología que se desarrolla y difunde en una determinada sociedad modela decisivamente su estructura material. Los sistemas tecnológicos evolucionan de forma gradual hasta que se produce un cambio cualitativo de primera magnitud: una revolución tecnológica, que lleva a un nuevo paradigma tecnológico. […] El proceso de transición histórica avanza con la absorción de las formas sociales precedentes por las nuevas y emergentes, de modo que las sociedades son considerablemente más confusas que los modelos que creamos con fines heurísticos. ¿Cómo sabemos que un paradigma dado (por ejemplo, el informacionismo) es dominante respecto a los otros (por ejemplo, el industrialismo)? La respuesta es sencilla: por su rendimiento superior en cuanto a acumulación de riqueza y poder. Las transiciones históricas son moldeadas por el mundo de los que ganan. Este hecho no implica ningún juicio de valor. En realidad, no sabemos si el hecho de producir más y más entraña valor superior alguno en términos de humanidad. La idea de progreso es una ideología. Lo bueno, lo malo o lo indiferente que sea un nuevo paradigma depende de la perspectica, de los valores o de los criterios de calidad. Sabemos que es dominante porque, al imponerse borra la competición por medio de la eliminación. En este sentido el informacionismo es el paradigma dominante de nuestras sociedades, que sustituye y subsume al industrialismo. […]

  11. […] O #48 da revista Código Cero [PDF 1.37Mb] publica este mes un artigo meu, anteriormente aparecido neste blog. Titúlase Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionismo. […]

  12. […] O informacionalismo conforma unha sociedade redistributiva, e como tal, ésta debe adopta-las reglas e o marco adecuado para asigna-los recursos de forma segura e eficiente. […]

  13. […] Exactamente isto é o que ocorre nestes días. As condicións materiais (o informacionalismo que emerxe da revolución nas tecnoloxías da información e da comunicación) configuran un novo mundo de relacións económicas de produción (onde non é precisa a “propiedade intelectual“)… provocando o conflito entre as forzas produtivas (todos os que usamos as ideas para o noso traballo: programadores, escritores, etc) e as relacións de produción existentes (a existencia de propiedade intelectual: patentes, copyrights, etc). E estalla a revolución social. Esta vez, pola abolición da “propiedade intelectual“. […]

  14. […] Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo. Sobre o informacionalismo. […]

  15. […] Considero esta experiencia como positiva, pois, ademáis de observar in situ o traballo dos bolseiros e cooperantes, podemos (nun futuro próximo, espero) tender pontes de coñecemento e debate. Esto chegará cando dende as asociacións de cooperación vexan a utilidade do uso dos blogs para crear e distribuir o seu discurso. Cando entendan que estamos na Sociedade Rede e o que iso implica. […]

  16. […] Este verán escribo pouco, pero é que acabo de integrarme nunha comunidade de enxeñeiros de software, aprendendo. Pensando tamén sobre un modelo de formación na Sociedade da Información. […]

  17. […] Estudiar e traballar no que cres non é máis que unha obligación para os hackers, para os apaixoados. E iso implica renuncias tamén. Pero cando sabes cómo eres e a onde queres chegar, non elexi-la opción adecuada non é unha opción. Por iso me embarco nesta nova aventura. Cos mellores. E fágoo porque creo, porque “si no creyera … “ […]

  18. […] sociedade rede e no informacionalismo hai certas cousas que cambian, ou mellor, como unha espiral volven á orixe: recupéranse os […]

  19. […] esta mañán 2 textos de Juan Freire e David de Ugarte maravillosos. Que sintetizan o que provoca o paso do industrialismo ó informacionalismo. Volvemos a ser artesáns, artesáns dixitais. E precisamos dun novo marco para entende-lo mundo, […]

  20. […] isto é o que ocorre nestes días. As condicións materiais (o informacionalismo) configuran un novo mundo de relacións económicas de produción (onde non é […]

  21. […] sociedade da información existen 3 sectores principais, os dinamizadores da economía, os que marcan si un país ou rexión […]

  22. […] literatura de referencia da sociedade rede, é, sen dúbida, a ciencia ficción: o ciberpunk. Asento a idea logo de ler La era del […]

Leave a Reply to O bazar de nes » Formación artesana e universidade Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *