El País e a Ética Hacker

Como cada domingo tomo o café coas novas salmón dos diarios dominicais. Hai tempo que aprendín que nelas se concentra gran parte do que importa. A maquinaria.
Ben. Pois hoxe tomo o café en clave hacker:

Téndese a asociar o crecemento económico á capacidade de produción manufactureira, pero a revolución das TIC desprazou o foco do crecemento para os servizos…
(entrevista a Dalle Jorgenson)

… si o que nos precedeu foi a economía industrial, agora estamos na economía informacional. Onde o importante é a información, cómo se crea e distribúe. Ben. ¿E cómo afectan os cambios ós traballadores da información?

Os expertos afirman que a flexibilidade laboral contribúe a que os traballadores melloren o seu rendemento.
(reportaxe Cando os empregados xestionan o seu traballo)
Non se trata das horas que traballes, senón do que fas: as empresas de ‘software’ con máis éxito teñen unha semana laboral de 35 horas.
(Entrevista a Jeffrey Pfeffer)

É curioso, pero co cambio de paradigma volvemos atrás. Como o eterno péndulo da historia. Ten de novo sentido o traballo por obxectivos, por tarefas, como na era agraria: por colleitas. E para rendir ó máximo no tempo “de creación” hai que estar distraídos.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *