Crónica do concerto de Marlango

Hai tempo alguén me dixo…

gran concierto, se nota en las notas que dejamos despues de uno…

Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe só unha anécdota… referida ó momento en que Alejandro Pelayo introduciu unha canción coa melodía de “Érase una vez…“.
Nese momento, todo o mundo menor de 30 anos e maior de 23 empezou a canta-la canción para sí. A tarareala e recordar os debuxos cos que crecemos. As rapazas que estaban diante nosa tamén. Só que elas… sabían a letra completa! Foi incrible. Deixei de prestar atención a Marlango e soamente oía ás tres cantando…
Erase, una vez… un planeta triste y oscuro
y la luz, al nacer… descubrió un bonito mundo de color.


Comments

3 responses to “Crónica do concerto de Marlango”

  1. non sei se estarás a referirte a nós…estabas no segundo anfiteatro na esquina da dereita terceira fila e levas gafas negras..?:)se és ti, que pequeno é o mundo este do internet…que gran concerto. como mola ser unha anécdota…

  2. ja! si xa o temos dito… internet non á máis ca unha gran aldea! estivo moi ben o voso concerto ;P

  3. Isto é incrible…
    Vou ter que acabar abrindo un blog para coñecer xente.

Leave a Reply to Andrés Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *