Hai xa medio ano que en ESF Galicia empezamos a experimentar cos blogs como ferramenta de comunicación da asociación. Nunha primeira etapa propuxémonos probalos como medio de encontro cos nosos expatriados no Sur: Víctor e Alberto no Salvador e Sergio en Nicaragua (agora tamén Isa). Saber do seu día a día. Como diarios de un chele que diría Sergio. Pero o traballo é duro e as conexións por veces precarias, polo que non se poden actualizar diariamente. Ademáis non deixan de ser iso: diarios de viaxe.
Agora, observamos con agrado cómo a Xunta imita o noso modelo e obriga ós seus bolseiros de cooperación en Bolivia, Ecuador e Perú a levar ó día un blog do seu traballo diario, con máis ou menos éxito.
Considero esta experiencia como positiva, pois, ademáis de observar in situ o traballo dos bolseiros e cooperantes, podemos (nun futuro próximo, espero) tender pontes de coñecemento e debate. Esto chegará cando dende as asociacións de cooperación vexan a utilidade do uso dos blogs para crear e distribuir o seu discurso. Cando entendan que estamos na Sociedade Rede e o que iso implica.
Nese momento o sector reforzará o coñecemento sobre sí mesmo e abandoará o minifundismo actual. Madurará. Hoxe creo que ésto é máis prioritario que calquera outra iniciativa.
Leave a Reply