Conectarse ós foros mundiais de debate

É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate.
Nos últimos tempos, en Galicia, estanse a dar pasos interesantes neste sentido. O que vou a comentar é a iniciativa Pobre Mundo Rico, levada a cabo polo Clube Internacional de Prensa. Máis alá das necesarias críticas, é un proxecto que me gusta. Principalmente porque trata de achegar a Galicia debates sobre cooperación que non se están dando. Pero tamén porque non se limita a traer de fóra para que aprendamos. Tamén integra no seu interior a ponentes internos.
Por exemplo, no eido do enfoque de xénero as representantes de IND tiveron voz no evento (probablemente a ONGD galega que máis trate este tema) e no tocante a servicios básicos falou ESF (probablemente a ONGD galega que máis teña traballado este discurso).
Esta sinerxia entre axentes internos e externos é a precisa para que exista aprendizaxe mutuo, e non se quede a iniciativa nun “Benvido Mr. Marshall“. De tódolos xeitos, ten moitas cousas criticables.
Si ben é certo que non é éste o único foro deste estilo en Galicia. O ano pasado chamoume a atención o foro Os sentidos das culturas, polo que pasaron grandes pensadores. E en breve, tamén no marco do Consello da Cultura, realizarase o foro Medios de comunicación e identidade (vía NovosMedios). Éste último recolle algunhas das inquietudes nas que levaba tempo pensando (todo ahi que dicilo, a raíz do curso de verán organizado polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas.


Comments

One response to “Conectarse ós foros mundiais de debate”

  1. Xusto estes días estiven escoitando as conferencias de Pobre Mundo Rico no traballo (mentres facía outras cousas :-)). Polo de agora levo a de Molinero, as de Carmelo García (Vigo e Coruña) e a do papel das mulleres en cooperación… é incrible, síntome como se en dous días lera 25 informes e catro libros 🙂 na miña opinión, escoitar ós que levan moitos anos (moitísimos no caso de Carmelo) traballando nalgo é o xeito idóneo de recibir información. Á marxe de que no seu discurso tamén inclúen opinión (é non quero dicir que isto sexa malo, nin moito menos se o que se quere é abrir debate), presentan datos e feitos obxectivos, parcialmente dixeridos e razoados, un luxo nestes días no que a información é un producto de consumo que se oferta á carta, nestes días nos que “Público” e “La Razón” falan de universos paralelos e inconexos 🙂 That’s all folks!!
    Apertas dende Hortaleza!!!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *