É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate.
Nos últimos tempos, en Galicia, estanse a dar pasos interesantes neste sentido. O que vou a comentar é a iniciativa Pobre Mundo Rico, levada a cabo polo Clube Internacional de Prensa. Máis alá das necesarias críticas, é un proxecto que me gusta. Principalmente porque trata de achegar a Galicia debates sobre cooperación que non se están dando. Pero tamén porque non se limita a traer de fóra para que aprendamos. Tamén integra no seu interior a ponentes internos.
Por exemplo, no eido do enfoque de xénero as representantes de IND tiveron voz no evento (probablemente a ONGD galega que máis trate este tema) e no tocante a servicios básicos falou ESF (probablemente a ONGD galega que máis teña traballado este discurso).
Esta sinerxia entre axentes internos e externos é a precisa para que exista aprendizaxe mutuo, e non se quede a iniciativa nun “Benvido Mr. Marshall“. De tódolos xeitos, ten moitas cousas criticables.
Si ben é certo que non é éste o único foro deste estilo en Galicia. O ano pasado chamoume a atención o foro Os sentidos das culturas, polo que pasaron grandes pensadores. E en breve, tamén no marco do Consello da Cultura, realizarase o foro Medios de comunicación e identidade (vía NovosMedios). Éste último recolle algunhas das inquietudes nas que levaba tempo pensando (todo ahi que dicilo, a raíz do curso de verán organizado polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas.
Conectarse ós foros mundiais de debate
—
Comments
One response to “Conectarse ós foros mundiais de debate”
-
Xusto estes días estiven escoitando as conferencias de Pobre Mundo Rico no traballo (mentres facía outras cousas :-)). Polo de agora levo a de Molinero, as de Carmelo García (Vigo e Coruña) e a do papel das mulleres en cooperación… é incrible, síntome como se en dous días lera 25 informes e catro libros 🙂 na miña opinión, escoitar ós que levan moitos anos (moitísimos no caso de Carmelo) traballando nalgo é o xeito idóneo de recibir información. Á marxe de que no seu discurso tamén inclúen opinión (é non quero dicir que isto sexa malo, nin moito menos se o que se quere é abrir debate), presentan datos e feitos obxectivos, parcialmente dixeridos e razoados, un luxo nestes días no que a información é un producto de consumo que se oferta á carta, nestes días nos que “Público” e “La Razón” falan de universos paralelos e inconexos 🙂 That’s all folks!!
Apertas dende Hortaleza!!!
Leave a Reply