Cidades do coñecemento

«El cambio desde el industrialismo al informacionalismo se va a producir en todo caso. No es una opción. La elección está entre asistir pasivamente a ese proceso inevitable o intentar obtener ventajas de una rápida adaptación mediante el máximo aprovechamiento de los recursos de que dispone la ciudad.»

– ZGZ: hacia la sociedad del conocimiento

Relacionadas: Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo (sobre o informacionalismo) e ¿Aldea global = sociedade redistributiva? (un contexto para entender e explorar o papel das cidades no S-XXI).


Comments

2 responses to “Cidades do coñecemento”

  1. Vivimos un cambio de era. Dicilo así parece un tanto esaxerado, pero nunca na historia a sociedade cambiou de xeito profundo (e a todos os niveis) tan rapidamente como o está facendo agora. Un cambio de era implica novos instrumentos, novas prioridades, e supón que o que antano eran vantaxes claras hoxo non o sexan tanto e que certos obstáculos poidan ser convertidos en virtudes, se se saben enfrontar axeitadamente.
    Ás veces fago un símil automobilístico con respecto a isto. O certo é que a Fórmula1 abúrreme un tanto, pero para isto serve. Nunha carreira de Fórmula1, cando se produce un accidente e entra o “safety car”, iguálase todo. E o que levaba un minuto de desavantaxe, ponse á par que o líder. Algo diso hai. Para moitos países situados na periferia (vou falar de Galicia, por exemplo), esta nova era é unha enorme oportunidade, pois se sabe xogar ben as súas cartas, pode deixar atrás esa condición periférica (non só xeográfica). Irlanda xa o fixo. E outros comezan a gañar posicións

  2. Sí, zerovacas. Mais aínda que non se parte de cero, ben é certo que existen grandes oportunidades para aqueles que hoxe están fóra dos círculos económicos. O que me interesa deste fenómeno é …
    – a reconfiguración da unidade administrativa:
    Do estado-nación (España) ó estado-mercado ou estado-rede (Unión Europea). Tamén o novo papel que poidan ter as cidades neste marco, as cidades como lugares de xeración de riqueza que posteriormente debe ser redistribuida.
    – o proceso de desenvolvemento:
    É posible que os países do Sur poidan saltarse a etapa económica industrial? Pasar directamente á informacional? Qué liñas estratéxicas debería ter este proceso?
    Por ahí ando camiñando.. se tes algunha idea/recomendación/lectura/etc será benvida! 😀

Leave a Reply to Andrés Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *