-
oandre.gal
English. From now on, this domain will be my new place in the net. I won’t post anymore at https://nosolosoftware.com At some point, I’ll probably redirect it to here. Galego. Desde xa, este dominio será o meu sitio na rede. Deixarei de publicar contido en https://nosolosoftware.com Nalgún momento, probabelmente redirixirei as ligazóns hacia aquí.
-
Os reis de Fisterra
En Xullo de 2021, ano Xacobeo, pasamos uns días nun apartamento perto da praia Langosteira. Un día nubrado decidimos camiñar até o faro, facendo parte do camiño de Fisterra. Activei o meu reloxo para recoller as estatísticas do roteiro que logo compartiría cos amigos a través dunha aplicación. Durante os 10km de ida e volta […]
-
Para que pregunto?
Uns anos atrás pasamos un verán nas praias da ría de Aldán. Unha tarde, uns parasois máis alá do noso, ouvimos unha conversación pai-crianza sobre o traxe de baño do neno. É algo que ficou no folclore da nosa familia como unha anécdota que recordamos de cando en vez. Acho que a situación, alén de […]
-
Matriarcas
Brillantes activistas da vida cotiá.
-
Grupo de lectura de Scórpio
Comparto unha nota que me enviaron para difundir esta iniciativa. A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza un grupo de lectura virtual de Scórpio, novela de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Continúa así coa iniciativa Desconfinamos a obra de Carvalho na que tamén participa Modelo Burela. O prazo de inscripción estará […]
-
O André
Neste verán, un dos memes que agromou na galego-esfera do twitter foi o de actualizarmos o perfil poñendo o artigo antes do nome: a Berta, o Ricardo, a Teodora, etc. Este meme inspiroume a revisar a historia e normativa da antroponimia galega. Dentro das linguas románicas, o uso do artigo con antropónimos e topónimos é […]
-
Meetup WordPress Lugo
Hai uns meses atrás, Carlos liouse a manta á cabeza e propúxose retomar a programación do meetup de WordPress en Lugo, logo dun tempo parada. Lhosca e máis eu decidimos botar unha man e en Xullo presentamos a nova etapa, coa colaboración da maravillosa xente que organiza o meetup (e WordCamp!) WordPress Pontevedra. Logo dunha […]
-
¿Por qué acabo de doar a PrazaPública e GaliciaCiencia?
Acabo de facer unha doazón de 40€ a GaliciaCiencia e outros 40€ a PrazaPública. A razón é moi sinxela: para cambiar o mundo, uso tamén os meus superpoderes de consumidor. GaliciaCiencia acaba de chegar apenas ós 4 meses de vida. Pero en tan pouco tempo están aportando grandes historias: ¿sabíades que hai 2 satélites en […]
-
1ª quedada makers Lugo
Este luns 30 de Decembro, a partir 20:30h, un grupo de interesados no hardware e software libre das cercanías de Lugo quedaremos para compartir cervexas e conversa na cervecería La Internacional. Makers benvidos! Ver un mapa máis grande
-
Finding ADA
Hoxe celébrase o Finding Ada, un evento de homenaxe ás mulleres nas ciencias, enxeñerías, tecnoloxía ou matemáticas. Inspirado en Ada Lovelace, a primeira programadora da historia, o evento pretende visibilizar ás mulleres do mundo STEM. Unha divertida maneira de profundizar no mundo de Ada é este cómic online (pronto publicado en libro!), no que ten un […]