YouTube, Wikipedia e a lei do 1:10:89

A través de Chuza!, entérome de que…

..dun grupo de 100 persoas con actividade na rede so unha vai crear contido, 10 van interactuar co contido (comentando, mellorando, chuzando) e as 89 restantes van soamente visualizalo.
Antony Mayfield

Ademáis de parecerme curioso –e símbolo do paradigma dos novos temos– que o periódico The Guardian se faga eco –aportando enlaces externos ó seu propio periódico– dun debate da blogosfera inglesa, quixera distinguir entre os dous casos que se dan como exemplo.
O YouTube e a Wikipedia. O modelo distribuido e o descentralizado. Se ben é certo que ambos comparten os seus recursos nun só centro: a súa páxina.
En YouTube o modelo de creación de contidos é distribuido: cada usuario sube os seus vídeos independentemente do que fagan o resto. Non existen filtros e ninguén decide a priori o que se pode poñer e o que non. Sigue unha lóxica de creación distribuida. Pola contra, a Wikipedia sigue unha lóxica de creación descentralizada, xa que cada contido a publicar pasa polo filtro dos xestores (ou bibliotecarios) da mesma, que poden borralo, editalo, etc.
O artigo de Antony Mayfield incide sobre todo na investigación sobre a creación de redes sociais. Dame a impresión logo de ler os artigos e ver a evolución dunha web e doutra, que a rápida explosión de actividade de YouTube comparada coa da Wikipedia ten dúas razóns de ser:
1. Ofrece un servicio atractivo para os usuarios que poden compartir videos, …
2. A creación non pasa un filtro. Simplemente se crea. Distribuidamente. Logo a comunidade xa filtrará en función do que gusta ou non.

Creo eu que son éstas as dúas claves do éxito de YouTube, do seu rápido despegue. Algo a ter en conta polos novos creadores de ferramentas sociais.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *