Estes días celebrouse o congreso de Fundamentos Web 2006, organizado polo W3C (oficina española) e a Fundación CTIC.
Máis que comenta-lo congreso (algo que xa fixo moito e mellor a blogosfera) quero falar da web do evento e a publicidade do mesmo. Dos elementos que a compoñen e cómo se fomentan os puntos de encontro e conversa dende a propia web central.
A web publicitaria do evento posúe elementos duros. Chámoos duros porque pretenden fomenta-lo coñecemento dende o centro, dende os organizadores. E son os que seguen:
- Unha web do evento. Evidente.
- Noticias actualizadas sobre o congreso. Previas á súa realización.
- Sindicación de contidos.
- Notas de prensa referidas ó mesmo.
- Info sobre os actos e os ponentes.
- A documentación do evento. Tamén previamente, na medida do posible.
- Retransmisión do evento en directo.
Por outra parte, e como ítems interesantes, están os elementos blandos, os que buscan vertebrar unha conversa en torno ó evento dende a periferia. Os que seguen:
- Grupo público de fotografías en Flickr.
- Inclusión selectiva dos comentarios da blogosfera.
Estes últimos elementos (e principalmente a actitude dos organizadores) son os que configuran a “longa cola” das comunidades da que fala Juan Freire, en contraposición coa “curta cola” da fama (eu diría máis: do status quo).
Evidentemente, os organizadores desexan que se fale do seu evento e se comente. Pero non só. A partir da recollida dos post doutros actores alleos, configúrase de facto unha comunidade en torno á que informarse máis alá do centro. Unha comunidade que participou no evento e ten cousas que dicir.
Éste é o modelo que deberiamos seguir os que pretendemos construir axenda pública e tecer redes de persoas. Un modelo open source. Aberto á conversa.
Leave a Reply