Unha competencia que non nos beneficia

Marzo 2007…
Mentres a consellería de industria e innovación negociaba o “Plan Astano”, a consellería de economía e facenda xunto con presidencia preparábanse para presenta-lo “Plan Ferrol”.
Novembro 2006…
Mentres a consellería de industria perfilaba os últimos flecos para a presentación do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información, economía e presidencia artellaban a Fundación pola sociedade do coñecemento.
Así, tanto co PEGSI VS Fundación como co Plan Astano VS Plan Ferrol obsérvase unha duplicidade de esforzos e recursos, que non nos beneficia. A non ser que se queira deslocalizar tamén consellerías. Por isto, únome á avaliación crítica do goberno da Xunta logo de ano e medio de goberno que fai Manolo Bragado.
Tamén ó respecto se pronuncia Antón Reixa na súa tribuna do País…

Políticamente, en Galicia estamos saliendo de más de década y media de pensamiento único y de constatación palpable de aquello de que “el que se mueva no sale en la foto”.

E sigue falando da relación do goberno e partidos que o sustentan…

El verdadero baremo por el que deberíamos medir al Gobierno bipartito es por el calendario y el modo de gestiones y acciones que lleven a la práctica lo que se derivaba de sus respectivos programas electorales.
[…]
Ni el PSdeG puede actuar como si la coalición de gobierno sea para ellos un mal menor ni el BNG puede obviar, incluso en coherencia con su propio discurso contra el colonialismo, que, si eso es efctivamente así, su penetración social e ideológica no es mayoritaria. Sobran, pues, los victimismos.

Sen dúbida, débese medir ó goberno polo que fai e por cómo o fai. Deberase medir a final de lexislatura o cumplimento respecto do acordo de goberno firmado [PDF] o 23 de Xullo do 2005, que é un contrato de mínimos coa cidadanía por unha rexeneración democrática. Un acordo que significaba a constatación do que pedimos e simbolizamos na cadea cívica que uniu as estatuas de Pablo Iglesias e Castelao.
Si ben este debe ser o noso baremo final, a avaliación intermedia presenta unha fotografía de nenos de colexio pelexando por seguir saíndo na foto. Unha competencia que non nos merecemos, nin nos beneficia.


Comments

3 responses to “Unha competencia que non nos beneficia”

  1. Por partes, deduzo do teu comentario que entendes que hai competencia no seo do Goberno, pero que o mecanismo é sempre o mesmo: O BNG fai un traballo e o PSdeG por atrás está a facer outro distinto con parecida finalidade.
    Aínda no caso de que esa competencia fose real, o mecanismo non é así; lembra, por exemplo, que este “Proxecto de Desenvolvemento Integral de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2011” xa o compromete o IGAPE (Consellería de Economía) hai máis dun ano cando a Xunta decide aportar cartos propios ó Plan Ferrol do Ministerio de Economía e Facenda. É máis, desde principios de ano poderás atopar na prensa reivindicacións por parte de empresarios e sindicatos reclamando a presentación inmediata deste proxecto. É dicir, o Plan que Touriño e Fernández Antonio presentaron o luns en Ferrol é moi anterior ó Plan Barreras da Consellería de Industria.
    Sobre se hai competencia ou non dentro do bipartito. Parece que nos últimos tempos hai polo menos algo de nerviosismo, non entendo doutro modo, por exemplo, que tódolos cargos institucionais do BNG deran plantón ó Presidente e ó Conselleiro de Economía o luns en Ferrol, sobre todo, despois de que os representantes socialistas si asistísemos a múltiples reunións con Anxo Quintana e Fernando Blanco para falar de Barreras. Supoño que as accións derivadas deste nerviosismo non benefician en nada (dubido tamén que perxudiquen demasiado), pero entendo que son inherentes á lóxica preelectoral.
    O que si creo é que dende o primeiro día do novo goberno, hai un intento sistemático por parte do PP e dos seus adláteres de demostrar e consolidar a teoría dos dous gobernos e para iso todo vale. Creo tamén que, pola nosa historia política, aínda non estamos acostumados a gobernos de coalición, formados por ideoloxías diferentes que, loxicamente, discrepan en múltiples cuestións, pero acordan un programa de goberno conxunto, que é o importante.
    Entendo que en Galicia, á marxe do nerviosismo previo ás municipais, nas que o PSdeG xoga a se converter na primeira forza de Galicia ou aproximarse bastante a iso, o PP a non perder a hexemonía absoluta de tempos pasados e o BNG a esquecer o desplome das autonómicas, hai un goberno bipartito que, coa sana e anceiada tantos anos discrepancia democrática e pluralidade, está a cumprir un acordo de goberno que, sincereamente, creo que está a dar moi bos resultados.
    Ademais, non esquezas que a competencia, na medida na que incentive a traballar ás partes implicadas e que impida que se durman pola falta de presión, ata pode chegar a ser positiva.

  2. No caso do PEGSI é obvio: un traballo de planificación x parte de Veiguela e xusto a piques de presentarse (co boom mediático á beira), economía e presidencia queren obter rendemento dese boom… e sacan a fundación.
    No caso de ASTANO non tanto pois o informe do BCG entendo que non é instantáneo. De tódolos xeitos é curioso cómo unha actuación que se refire (onde pon os cartos) meramente á dotación de infraestruturas que xa levan comprometidas tempo, se vende como a solución para reindustrializar a comarca logo dos impedimentos postos ás negociacións de astano-barreras (onde o PSOE xa sabía o do “Plan Ferrol”, claro!).
    Entendo que se trata das municipais e de capitaliza-lo máis posible as accións de goberno. Fágome cargo desta etapa… pero non podo negar a miña crítica.
    A competencia neste caso enaxena recursos, polo que debería primar a cooperación entre consellerías.

  3. En síntese, creo que estamos bastante de acordo, nes. 😉

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *