Un verán en (X)HTML e CSS

1 minute

Agora que xa rematei o (in)tenso semestre da nova etapa universitaria, empezo a organizar os meses vindeiros. Descansar uns días e retoma-la actividade.

  • Destaca en primeiro lugar o redeseño da páxina de ESF. As guías de acción a ter en conta: mante-la accesibilidade da páxina pero facela máis usable. Logo de que identificásemos as necesidades e deixásemos madurar algunhas ideas chega a posta a punto. A aprendizaxe e actualización tamén formará parte deste proceso.
  • Seguindo con ESF, xa toca entrar na etapa de avaliación e mellora dos blogs actuais. Os realizados dende Nicaragua e o Salvador. Queda moito que pensar e facer.
  • De xeito paralelo a isto, continuarei coa integración de diversas ferramentas no meu blog: algo xa iniciado coas fotos, pero que non remata ahí, senón que pasa por profundizar no proceso. Enlaces favoritos, a integración dos meus blogs de referencia neste blog e outras ideas que me rondan. Cada vez máis constitúese o blog como o elemento integrador da miña identidade na rede.
  • Por suposto, seguir lendo e escribindo sobre blogs e políticos, blogs e política, activismo dixital e relacionados -ó fío da celebración do e-findex así como polo proceso propio de emerxencia de certas ideas– será outro dos principais eixos desta época.

Con estes propósitos comeza o meu verán. Un verán no que moito me temo que haberá menos tempo para o tute que o habitual.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *