Ultrastar: o futuro é agora

No momento en que todos estamos aínda esperando pola saída do Singstar Gallaecia atópome -sen pretendelo- co que algúns levamos un tempo buscando: o singstar libre.

Cando A bola extra publica esta entrada nós xa o temos claro: o futuro do singstar pasa pola autoedición de cancións para incluir as nosas preferidas. E non pasou moito tempo ata que atopamos o… ultrastar.

A diferencia do Singstar, o Ultrastar é un xogo para PC. Imita a interfaz do singstar (aínda que se pode cambiar) mais cunha gran vantaxe: a edición de cancións, tanto dende o editor integrado, como dende arquivos txt. Existen xa algunhas ferramentas que convirten os arquivos midi en formato para o xogo. Tamén posibilita a visualización da letra, video e música simultáneamente como o Singstar. Simplemente hai que crealo… ou usar os packs xa existentes para a comunidade de usuarios en español.

Xa chegou a hora. Nós pensabamos que aínda faltaba un tempo para que saísen clons e programas para compartir cancións libremente. Mais o futuro é agora. Só nos resta construir as cancións en galego! A convertir as nosas cancións populares! A cantar!
Qué emoción… cada día está máis cerca o Singstar Gallaecia. 😉


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *