TDT VS IPTV: a batalla pola interactividade e a colaboración

A pasada semana estiven nun curso de verán organizado polo grupo de Novos Medios, da Facultade de Xornalismo da USC. Os contidos foron realmente moi interesantes e os ponentes de calidade: a maioría tiña algo que dicir e sabía cómo facelo; aspectos a destacar nun mundo cheo de cursos para cubrir currículos. Moitas ideas que sintetizar aínda, pero sirva como adianto o seguinte exercicio de futuroloxía.
Logo de que os directivos dos consorcios galegos de TDT (os que teñen licencias para emitir en Galicia) presentaran a súa visión sobre a implantación e futuro da mesma, teño a sensación de que a TDT (ver infografía) é unha tecnoloxía que nace morta. Vaporware, como ocorreu no seu momento coa excesiva propaganda en torno ó 3G e que aínda hoxe non ten un uso elevado nin modelo de negocio asociado que a rentabilice. Máis aínda coa emerxencia das tecnoloxías Wireless: WiFi, WiMax, … que permiten a creación dunha infraestrutura para a conexión ubicua de baixo coste.
As actitudes dos ponentes poderían resumirse en..

non sabemos cómo rentabilizala nin qué facer con ela, pero temos que estar na TDT

Principalmente teñen 2 problemas:

  • os altos costes iniciais para dotarse de unha cobertura xeralista (en torno ó 98%). Aquí o debate está en quen pon os cartos sobre a mesa para a acometida.. o estado? as empresas que rentabilizarán o negocio? consorcios público-privados? Non está nada claro aínda a estas alturas.
  • xestión dos contidos e publicidade nun mundo de micronichos. Pasar de audiencias do 30% de share ó 3% supón un cambio ó que os medios non saben cómo adaptarse. Deben crear canles de micronicho, mais aínda non teñen claro o modelo de negocio neste novo entorno.

Os ponentes dixeron abertamente que non tiñan previsto emitir “nada serio” antes do 2010, a pesar do “apagón analóxico” planificado polo estado, que prentendía adiantarse dous anos á data límite marcada pola directiva europea (2012) e realizar nese ano o apagón (o que debería indicar unha predisposición dos medios para ter pensado xa o seu modelo de negocio).
Pero mais alá destes 2 factores cruciais, a min chámame poderosamente a atención unha cousa: a integración na TDT dos contidos xerados polos usuarios. Porque si algo permanece primordialmente das charlas de Rosa Franquet e Isidro Moreno foron as ideas de que:

  • os usuarios desexan que se lles permita a interacción e colaboración: convertimonos en consumidores activos, como nos veñen demostrando as diversas plataformas de internet como flickr, youtube, etc… que rentabilizan os contidos xerados polos usuarios con modelos de negocio baseados na publicidade ou en cobrar cuotas por melloras no servizo básico.
  • a interactividade pode dividirse en: selectiva (ex: trivial), transformativa (ex: xogos clásicos de ordenador), constructiva (ex: second life). Na última, os xestores da aplicación non diseñan o que o usuario pode facer, senón que o dotan de ferramentas para que el faga. A máis atractiva das interactividades é a constructiva.

Con este par de ideas e extrapolando os consumos de medios (tv, radio, internet, …) ó 2012 según os perfís de idade.. podemos facernos algunha que outra pregunta… ¿para qué desexarían usar a TDT os usuarios da Net generation (ou nativos dixitais) nun mundo hiperconectado e con plataformas para socializa-los seus propios contidos? ¿Será a xeración dos seus pais a que salve a TDT?… ¿por canto tempo?
Tendo en conta que a TDT permite unha interactividade moi restrinxida (só selección do existente) cabe preguntarse seriamente si a TDT non é unha tecnoloxía fracasada no tocante ó seu uso previsto. Por lexislación, sustitutiva da analóxica, pero fracasada. É salientable que quen máis presión está a facer para que se implante dunha vez sexan as operadoras telefónicas… para poder usar as frecuencias que hoxe ocupan as televisión analóxicas. O resto dos actores non moven ficha.
Neste sentido, e si logra achegar unha definición similar á TDT, a IPtv ten moito que dicir e pode posicionarse como a gañadora do tempo dos usuarios.
A favor ten tanto que os custos de implantación son mínimos comparados coa TDT e a súa cobertura vai parella á previsible extensión de cobertura de internet (aínda hoxe escasa). Por outra banda, en canto ós contidos.. no ecosistema internet existe xente moi habituada á rentabilización dos contidos xerados polo usuario e á xestión dos micronichos. As ferramentas xa existen e parece que todo xoga ó seu favor. De feito, Óscar Sacristán, director de LambdaStream, apostou por un mundo onde as ferramentas sociais chegan á televisión e a interactividade constructiva se impón. Xurdirán como resposta á fragmentación e abundancia de canles e opcións, ó igual que sucedeu en internet. Así, chegará un día no que nos sentemos fronte á pantalla e seleccionemos algún dos programas que nos recomendan os nosos contactos a través das ferramentas sociais adaptadas á pantalla e non o que nos programen os directivos dos mass-media. Xa non queremos “mass-media”… senón “meus-media”: personalización, personalización, personalización.
O reto que debe afrontar a TDT é integrar os contidos xerados polos usuarios, porque nun mundo de abundancia, a escasez non é suficiente na loita por capta-lo tempo do usuario.


Comments

11 responses to “TDT VS IPTV: a batalla pola interactividade e a colaboración”

  1. Juas, este tema é flipante. Fai uns meses fixemos un estudo moifermoso sobre o televidente 2.0.
    Nestes intres estamos coa nova oleada do estudo… centrado no consumo de contidos multimedia a través de Internet no PC/TV e tm nos móbiles… ai que cousas máis fermosas saen. A primeira conclusión, no medio da fase cualitativa, que eu tiraría é que os usuarios e os “actores interesados” están moi moi separados entre sí!!!

  2. Estiven botando un vistazo ó estudo que envías e ten moi boa pinta! 😀 eille de botar un vistazo e logo dígoche. Gracias!

  3. Qué guai o estudio fernando! Xa mo lin e terei que empezar a ler os blogs da vosa rede TCA. Algunha recomendación?
    Algo que non dixen no post foron os datos que manexou, x ex, o conferenciante de Vivocom.es (non podo darlle fiabilidade ó que dicía, só fiarme del). En teoría, os datos que poño a continuación proveñen dun estudio que fixeron entre + de 100 televisións x internet asociadas á rede de Vivocom. Os que siguen:
    – Coa chegada da TVIP cambia tm o consumo do medio (internet)… de 4 seg/minutos por páxina ó que estamos acostumados pasamos a unha media de 45 minutos
    – O 99% da xente non interactúa (limítase a ver o que lle poñen) nas TV mostreadas (en YouTube non ocorre así pq buscas activamente… estas tv en teoría eran “de micronicho”)
    – Duración da parrilla en media (logo repítese) = 1hora (menor que as tv locais x ex)
    – Actualización dos contidos (varía moito: datos non significativos)
    – Duración dos programas: tv con sesgos xeralistas ~ 5 minutos; tv temáticas hai programas incluso de 1hora larga.
    .. “y hasta aquí puedo leer” esto son os datos máis chamativos que apuntei. Dende logo rompen coas estatísticas manexadas no consumo habitual de internet e son un híbrido entre a tv e de internet, non che parece?

  4. a tdt non mola.
    a tdt volve ao mesmo: podes elexir consumir unha cousa que nos che damos (pero agora dan mais).
    e SOBRE TODO: a TDT esta facendo que ghasten os cartos que terian que meter en infraestructura WiMax universal…
    en fin.

  5. Totalmente dacordo.

  6. Non sei que decirche A iptv, polo de agora esta un chisco lonxe, aqui non coñezo a ninguen que non vexa os novos canles de tdt…inda que é certo que cada un fixo a sua propia tv…esplicome, na tv normal temos por costume zapear, na tdt o que fago e fan moitos amigo é coller aquela canle que me gusta e vela no horario que poñen programas que me gustan, quizais axuda o ter moita máis variedade a ser máis selectivo…parece unha parvada pero eche asi. contretei imagenio, prometeronme cobrar o mesmo que agora pago polo adsl, se cumpren iso…xa vremos que tal funciona. Bo día

  7. […] Hace unas semanas redactores de este blog acudimos al Curso de Verano organizado por la Universidade de Santiago sobre TDT y televisión por Internet del que ya hablamos por aquí, y digamos que más vale tarde que nunca para aportar nuestra impresión sobre algunas cosas que allí se dijeron. También podéis encontrar otras opiniones aquí, aquí o aquí. […]

  8. […] polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas. ch! | | | […]

  9. […] .. debendo plantexarnos qué ocorre nun mundo de micronichos, no que a información consumida por cada individuo xa non se basa nun menú estatal, senón global. Do modelo mass-media ó modelo mis-medios. […]

  10. Gran Post, moi bo¡
    O sábado comeza o apagón analóxico no concello da fonsagrada… veremos o que de verdade é, ou non, a TDT?

  11. […] A Fonsagrada é o segundo concello en extensión ou superficie do estado, e será o primeiro en deixar de recibir a televisión analóxica, pola súas características orográficas especiales e a dispersión da poboación, e comece a TDT. Será o punto de experimentación para implantalo de maneira masiva en toda Galicia antes do 2010, data na que, ¿será o apagón definitivo? non sabemos cómo rentabilizala nin qué facer con ela, pero temos que estar na TDT […]

Leave a Reply to A Fiestra de Masoucos o Mundo » TDT, a telivisión definitiva? Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *