Taller: venres, sesión matinal

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías. Venres 20 de Abril. Sesión matinal. Facultade de dereito da USC.

Ponencia a cargo de Xabier Meilán. Ex-redactor do Ciberpaís, profesor da Escola de Xornalismo UAM/El País e do Máster de Comunicación Política do Instituto Uniersitario de Investigación Ortega e Gasset. Consultor electoral internacional, analista político e de medios.

# Inicio do seminario. Empeza a intervención de Xabier Meilán. 10:30h – 12:00h.

Comeza explicando os inicios de Internet: “invento” do Departamento de Defensa. Robustez da rede por non ser un sistema centralizado, xerárquico.

Xabier explica a Tese da constancia relativa: os ingresos das persoas gastados en medios sempre manteñen a mesma en porcentaxe respecto ó seu soldo (varía con el).

Subtese asociada: os novos medios sustitúen ós antiguos? Entón plantéxase… Internet como sustituto dos medios convencionais. Así, según Phil Meyer o último xornal en papel editarase no 2043. Mais tamén se dicía que o vídeo sería o sustituo do cine, actualmente vemos que non é así.

Pode internet romper tamén a tese de constancia relativa? Xabier asegura que pode ser así, na súa tese doutoral do 1996 observou que o gasto incrementouse.

Os medios que máis se resinten da chegada de internet son a radio e televisión. Aínda que tamén os xornais.

Ollamos a última enquisa do EGM da audiencia xeral de medios. A crise do sector xornalístico (maquillada na enquisa EGM) vén dada pola emerxencia de internet + aparición dos xornais gratuitos (xornais máis lidos en España a Maio 2006 por orde: 20 minutos, Marca, El País, Qué!, Metro directo, El Mundo).

Xabier indica quie hoxe, os ingresos dos periódicos obtéñense máis cos coleccionables que coa tirada do periódico. Crise do modelo de negocio? A entrada en bolsa é un factor importante tamén, como a pescadilla que se morde a cola: redución da aposta pola información de calidade para aumenta-lo beneficio. Consecuencia: crise do modelo de negocio dos periódicos… agora deben decidir si compiten en costes (cos gratuitos) ou en diferenciación (información de calidade, dar contexto).

Éntrase nun breve debate sobre a calidade dos xornais de pago e si dan información ou si están excesivamente politizados. A publicidade como factor de mantemento dos medios: as grandes empresas invirten moito en publicidade, o que tamén provoca que as noticias en contra delas sexan omitidas. O estado da cuestión en Galicia: excesiva dependencia da publicidade dos entes públicos.

Vólvese ó EGM. Observamos as estadísticas por medios en función do xénero, idade e clase social. Internet chega actualmente a un máximo local: estabilízase o seu uso en torno ó 20%.

Xabier destaca a carencia de métodos fiables de medición de audiencias. Sobre todo para poder invertir en publicidade e medi-lo seu impacto.

Peculiaridades de internet:

  • fluxo de comunicación individual (os blogs como a metáfora da fragmentación do poder de dar noticias)
  • o idioma como única barreira
  • mercados de nicho como potencialidade para crear rede
  • internet como retroalimentación dos medios (radios e sms ou chats, o 90% das cartas ó director de El País xa chegan por internet)
  • inmediatez do medio
  • un medio sen modelos claros (en xornais é o New York Times, na tv a BBC). Isto para Xabier é unha vantaxe máis que un inconveniente. Mais sí un problema como modelo comercial: os réditos da publicidade son moi poucos pola carencia de medidas válidas de audiencias, do impacto. A publicidade en internet bastante barata tamén por isto.

A configuración de turnos de traballo nos xornais dixitais faise en función das estatísticas de visitas xeográficas (o público potencial dos xornais).

O paso da web 1.0 á 2.0. Xabier fala do paso de unha a outra e o que isto implica. Non se extende demasiado porque disto se falará no resto do seminario.

Facémolo descanso da mañán.

# Internet, ONG e movementos sociais. 12:30h – 14:00h

As potencialidades de internet para este tipo de organizacións:

  • O público de internet: xóvenes e de clase media
  • A internetalización dos medios. Internet como fonte de información. O caso Lewinsky como noticia nacida en internet e que case lle costa a presidencia a Bill Clinton. Nota da importancia: máis da metade do programa do máster de xornalismo do país (en torno ó 80%) está enfocado ó xornalismo dixital.
  • Comunidades de intereses de alcance mundial
  • Medio multifacético por excelencia: combinación de texto, imaxe e video
  • Participación

Comezamos un análise DAFO de internet como medio

– Factores internos: fortalezas

  • Carácter multifacético
  • Comunicación uni/multidireccional
  • Inmediatez
  • Facilidade e baixo custo para creación de arquivo

– Factores internos: debilidades

  • Persoal especializado e entusiasta, adecuado ó medio. Un xornalista pode non ser a persoa adecuada polas características específicas do medio
  • As características do medio: a lectura transversal do medio.
  • Departamento dedicado exclusivamente
  • Equipo informático
  • Produción en varios formatos é cara (para as persoas e os medios)

– Factores externos: oportunidades

  • Campañas de alcance mundial, inviables polos medios convencionais
  • Facilita contactos internacionais e creación de redes de intereses (con expertos en determinados temas e moi participativos)
  • Información como activo de luxo, internet como plataforma para acceder ós medios convencionais

– Factores externos: ameazas

  • Medio de minorías (equipamento necesario para acceder). A maioría dos beneficiarios dos programas de cooperación internacional non teñen acceso
  • Non se compren as expectativas creadas (actualización, calidade) a imaxe pode verse afectada
  • Presión pola rapidez provoca erros que poden diseminarse moi rápidamente (carta de García Márquez falsa sobre o seu cancro de pel e que se reproduciu en varios medios)
  • Progresivo descrédito das ONG hai que ser moi cuidadoso coa información que se emite (netiqueta, agresividade emocional das campañas de ONGD, …)
  • Confidencialidade dos datos persoais dos suscritores das listas de correo ou boletíns (direccións públicas dos receptores dos correos, facilidade para darse de baixa, …)
  • Unha vez se abre a participación da páxina ou servizo “xa non se pode cerrar”. O problema da edición de contidos en internet. Abrir a xente do entorno (control das altas) como práctica recomendada
  • Abundancia de correo-lixo repercute na visibilidade das campañas de mailing

Remata o DAFO e comezamos coa planificación dunha web para as organizacións:

  • Definir o propósito comunicativo (proactivo, reactivo, pasivo). Mellor empezar paso a paso, non empezar polo máis ambicioso
  • Definir identidade, estilo, público
  • Avaliar recursos dispoñibles (x ex: si se deixan correos-e na web responder ó que chegue, web en construción, …)
  • Elaborar plan de comunicación
  • Levalo á práctica, facer avaliacións periódicas e revisar si é necesario

A continuación falamos de certas características das noticias e dos medios:

  • Qué é ou non noticiable? Novidade, cómo se conta a noticia, …
  • Audiencia según perfil e xeografía
  • Timing ou oportunidade da noticia
  • Elección do medio adecuado

A continuación Xabier céntrase en explicar as boas prácticas da relación cos medios (redacción de noticias, relación cos medios, tempos e días para enviar noticias, preparar preguntas …).

Ábrese un pequeno debate da relación ONGD-medios. Qué facer cando se terxiversa a información? Xabier destaca que o dereito de réplica protexe na teoría a falsidade da información.

A continuación pasa a explicar a actitude ante o contacto cos medios, se eles son os que van á noticia e non a noticia lles chega a eles.

Rematamos con isto a sesión matinal.


Comments

2 responses to “Taller: venres, sesión matinal”

  1. un comentario corto pero convincente: te lo haz currado, felicitaciones Andres.

  2. […] As crónicas: Venres mañá, venres tarde, sábado. […]

Leave a Reply to luis Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *