Samaín

Chega o Samaín, literalmente o fin do verán, festividade celta que supoñía o fin da temporada de  colleitas e era considerada o fin de ano celta. En Galicia, é tempo tamén de chorar ós mortos. A miña rutina hoxe é despertar cedo, conectar o RSS, ler as noticias. E chego a “Los médicos deben de recetar desde hoy por principio activo y no por marca comercial“. Así, gracias á necesidade económica -impulsada por Galicia, a comunidade autónoma que máis gasta en medicamentos por paciente- o impulso de xenéricos é unha realidade. ¿O principal beneficiado? As arcas do estado, que se aforrarán cerca de 2.000 millóns de euros. Pode que tamén a industria de xenéricos española. Recordo agora as primeiras charlas, anos atrás, cando Fran e máis eu comezamos a falar de propiedade intelectual, xenéricos, software libre e desenvolvemento. Cómo cambiou o mundo anos despois: o software libre xa non é un descoñecido para o mundo da cooperación e os xenéricos pasan a ser unha realidade. Dalgún modo tamén éstos son os meus mortos. Choro por eles e déixoos ir. Agora, toca dedicarse ós vivos.


Comments

10 responses to “Samaín”

  1. Aínda non os des por mortos… Desgraciadamente esta aparente escalada do “libre” posiblemente esté máis motivada pola falta de cartos que polo sentido filosófico de soberanía cidadá e liberdade que estas tecnoloxías teñen detrás. Así que agora que a xente empeza a coñecer estes conceptos e valoralos é un bo momento para insistir na parte filosófica, que é o que move o cambio! Así que non os deixes ir todavía, falta o golpe de gracia! ;-DDDD

  2. A mí lo que me parece un poquito vergonzoso es que medidas tan de sentido común como estas sólo se apliquen cuando viene una crisis. Como si ahorrar en sanidad no fuese algo que hay que hacer siempre…

    1. Desde luego sí que es una vergüenza! Esperemos además que no sea una medida temporal por la crisis y la eliminen al primer repunte y presión del lobby farmacéutico…
      De todos en el post me refería a mi predisposición personal a hablar de estos temas: lo que quería transmitir es que me toca avanzar y dejar que otros “evangelicen” sobre esto. Yo estoy a otra.

  3. Feliz novo ano celta 😉
    O software libre avanza con paso firme, e estamos probablemente nunha das épocas máis doces; tamén hai que saber desfrutala. Por exemplo os nenos galegos na escola terán ultraportátiles con linux, sexa polo aforro ou polo que sexa é un abance.
    No camiño de deixar ao grande ollo que todo o vé (Google) e aprobeitando as novas limitacións quero sair de GoogleReader, queria saber que leitor de feeds empregas ti. Cando un quere sair de grande G, repara no que nos camelaron co Don’t be evil e todo o que se deixou de facer porque xa o facía Google.
    Saúdos!

    1. Boas Sak! Eu uso o clásico liferea: http://liferea.sourceforge.net/

      1. Paréceme limitadísimo, gustoume mais o RSSOwl; pero ainda así, ningún me da a posibilidade de sincronizar entre varios equipos 🙁
        Saúde!

        1. O que podes facer é exportar o OPML e telo nun lugar compartido (por exemplo, dropbox), pero iso non sincroniza as entradas que les.

        2. He decidido abandonar google reader gracias a este post. RSSOwl usa Eclipse RCP así que supongo que será superpesado.
          Para seguir los news en varios equipos he visto dos posibilidades. Liferea+Dropbox o bien Tiny Tiny RSS o incluso Liferea+Tiny Tiny.
          Y esto me lleva a una reflexión más amplia. Alguien estaría dispuesto a pagar por su soberanía digital… Contratar un VPS y proporcionar correo-e, lector de feeds, blog, tal vez sincronización de bookmarks y formación de como usarlos de mejoras de productividad …
          Una empresa que realice esto como actividad secundaria podría obtener una fuente de ingresos pequeña, pero constante sin un esfuerzo enorme. 100 usuarios a 100€/año me parece viable.

  4. liferea power!!
    😉
    unha dúbida: facedes “bookmark” cara a onde? a twitter? a un blog?

    1. “bookmark”? refíreste onde compartir os post favoritos? Eu iso non o fago, únicamente aqueles que me gustan podo poñelos como enlace aquí mesmo no post, cun novo minipost.

Leave a Reply to fpuga Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *