Non vos perdades o último post de Indarki: Energía 2.0. Nel fai unha comparación entre o paradigma web 2.0 e cómo se trasladaría iso ó sector enerxético, a enerxía 2.0. Dende logo inspirador.
Tamén inspiradora a nova senda que me abre David coa explicación da teoría da evolución sociotecnolóxica de Sterling… que, según el, reinventa así o marxismo.
Por último, un post (xa antigo pero agora recordado) de Juan Freire sobre desenvolvemento e innovación, ou de por qué o mellor plan é non ter plan: os planners VS os searchers.
Tres post inspiradores, que tratan de dotar de un significado e unha dirección na que camiñar. Así, si o futuro é distribuido, si o emponderamento significa dotar de liberdade capacitando a cada nodo da rede, a cada axente… a cuestión reside en cómo chegar a ese lugar co menor coste posible.
Recomendacións de inicio de semana
—
1 minute
Leave a Reply