Superada a emoción inicial, toca escribir unha reflexión importante para min: ¿por qué cursar este máster de software libre?
A resposta primeira é que desexo aprender, e que mellor entorno para facelo que estar cos mellores:
Igalia é unha empresa que coñezo apenas de un par de meses de prácticas e algunha entrevista, pero podo dicir que as súas metodoloxías de traballo coinciden plenamente coas miñas propias. O nivel técnico do seu persoal é moi elevado, non envexa nada ós mellores hackers do resto do mundo, o que -entre outras cousas- a posicionou no consello asesor de GNOME e como un dos sponsors da iniciativa GMAE xunto cos grandes xigantes europeos, norteamericanos e .. sudafricanos.
Sendo así, estou seguro de que pode aportar -e aportará- unha visión empresarial e técnica moi fiable.
Polo lado universitario e de investigación, encóntrase o grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos, que é un dos principais axentes dinamizadores a nivel europeo no que se refire a estudios cuantitativos e formalización do análise de proxectos de software libre, algo que neste momento me interesa bastante.
E nin sequera discutirei as abrumadoras biografías do comité asesor.
Todo isto, faime pensar que éste é o mellor lugar para crecer como programador de software libre.
Ademáis, integrarse nunha comunidade cos teus mesmos motores vitais… ben, eso simplemente é un gustazo. Tamén neste sentido espero que se cumplan as expectativas, e o modelo educativo se pareza o máis posible ó modo de relacionarse nunha comunidade, porque así é como aprendemos, a base de iteracións socializadas.
Para finalizar, dicir que este máster debe nacer co espíritu dun evento efímero, como un esforzo dos mumis igalia e libresoft por intensifica-la forza de traballo do software libre nun momento no que escasea. Mais a longo plazo o seu obxectivo será desaparecer ou reconvertirse a algo máis específico, posto que as funcións que agora cubre, serán fagocitadas polas universidades.
Mais.. non futuricemos agora. Éste é momento de disfrutar. Simplemente. Disfrutar.. e buscar piso na Coruña! 😀
Leave a Reply