Estes días de Agosto do 2006, e a raíz do descenso de Plutón de “planeta” a “planeta enano” -calificativo dado pola “traxectoria” do mesmo no sistema solar ;P -, tivéronse debates interesantes sobre a filosofía da ciencia e a nosa época -que chamaremos en términos xerais- posmoderna. O debate calou na blogsfera hispana tanto como nos medios convencionais.
En 3 cartas ó director do diario El País – Plutón posmoderno; Más Plutón y menos Platón; Ciencia y Religión – poñémonos en órbita. ¿A ciencia é ou non é científica? ¿Pódese coñecer a realidade ou todo é relativo?
En primeiro lugar e como aclaración, dicir que actualmente dámoslle validez á observación e á construción teórica a partir do observado para relata-lo sucedido. Chamámoslle a iso Ciencia. Outra cousa ben distinta é a realidade: simplemente o que sucede.Ben. A realidade, sen dúbida, é un sistema dinámico e complexo dende o punto de vista matemático (si é que así se puidese modelar). Complexo porque presenta múltiples variables que o fan cambiar, e dinámico porque non sempre ocorre do mesmo xeito: esas mesmas variables que o compoñen (e/ou outras externas) poden modifica-la “estrutura” da realidade, como si dixéramos.
Sendo así, tratar de explica-la realidade pode parecer unha tarefa inconmensurable. Inútil. Mais non o é. Ahí temos os resultados: podemos viaxar á Lúa, almacenar ondas e sonidos e escoitalos mentras comemos hamburguesas con ketchup (non tódalos resultados son do noso agrado, claro).
E aquí o nudo gordiano do debate: entón… ¿a ciencia é a realidade?
Evidentemente: non. Mais sérvemos para relatala. Cremos que o mundo se pode coñecer, aínda máis, cremos que se pode modelar (facer un modelo que se aproxime á realidade) tendo como linguaxe as matemáticas. Mais o modelo segue sin se-la realidade.
A realidade ocorre, a ciencia nárrase.
A Ciencia como suxeito histórico non sufriu unha progresión liñal, senón que se foi desenvolvemento “a tombos”. Foise actualizando. Hai verdades científicas no seu momento que agora son verdadeiras estupideces: ¿ou volve A Terra a ser plana?. E incluso vou máis alá: existen “mentiras” que usamos para a nosa vida cotiá porque nos son útiles. A mecánica clásica de Newton foi superada pola cuántica de Einstein en canto a estrutura que modela mellor a realidade. Pero seguímola usando porque nos serve para ir de Vigo a Compostela co R-598 de Renfe (polo menos ata que se privatice, logo xa veremos… ).
Isto é o que é a ciencia: relato do que nos sucede según unhas estruturas que creamos para así entendelo e poder modificalo. Relato. Simple relato. Nada máis, pero tampouco nada menos. Agora ben, si o comparamos con outros relatos -mitoloxía, relixión, etc- sae ben parada.
Estas estruturas creadas para coñecer non son boas nin malas, pero tampouco neutras: estas estruturas son o noso filtro da realidade.
Volvendo ó inicio… ¿Qué pasou con Plutón? ¿Por qué agora xa non é planeta? Pois porque ó parecer tocaba actualiza-las estruturas coas que miramos a realidade. Parece que en Astrofísica tamén houbo avances que nos fixeron crear modelos mellores que os anteriores.
Compilando. Logo de todo este relato parezo un posmoderno. Pode que o sexa, pois ó fin e ó cabo, creo que a Ciencia é subxectiva. Mais asumo que hai verdades, regras e teorías válidas e necesarias -tanto na Ciencia como na Convivencia- sen as cales nos sería imposible existir tal e como nos coñecemos.
Leave a Reply